Sábado, 26 de Xullo do 2008
 
  Inicio  
Obxetivo: Amnistía Internacional, parabéns e suxestión. (16.06.2008)

 Amnistía Internacional vén de celebrar os 30 anos da súa legalización no Estado Espanhol, e 20 de presenza continuada na Galiza. A Ciberirmandade quere sumarse cos parabéns evidentes polo aniversario e máis polo traballo feito e cunha suxestión que ten que ver coa pouca sensibilidade de  A.I. a respecto das distintas linguas do Estado, que se plasma na falta de opción de galego, catalán e euskera na web da “sección Española” de  A.I., así como nas campañas de envío de correos electrónicos que remiten ás/aos soci@s e colaboradores.

Cremos que unha organización como A.I. non debería de ter maior problema, nin polos valores e principios que defende, nin polos recursos que se lle supoñen, en satisfacer os dereitos lingüísticos das distintas comunidades do Estado. Por todo isto animámosche a enviarlles este prego de felicitación e suxestión.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns

Así nos organizamos Imprimir Correo-e
Escrito por minhoca   
Domingo, 22 de Outubro do 2006

Inda que sempre mantivemos o fin último da CiberIrmandade, a loita pola presenza da nosa lingua na rede, co paso do tempo fomos mudando as ferramentas, os métodos e, tamén, a organización interna.

Pretendemos eiquí explicarche como nos organizamos, deixando constancia de que este é un documento vivo, especialmente no referente ás tarefas, que será modificado consonte muden as cousas e, xa que logo, convidarte a que o leas de cando en vez.

Discusións e decisións

A CIF está aberta a toda persoa que queira pelexar pola nosa lingua, cultura e país. Se es unha desas persoas, convidámoste a participar nas discusións e decisións sobre a nosa organización.

- Obxectivos: dende o foro de "Obxectivos e campañas" decidimos e preparamos os obxectivos. Calquera usuario rexistrado nos foros pode facer as súas propostas e participar na preparación dos mesmos.

- Novas para o web: as novas que en nome da CiberIrmandade vaian ser publicadas no web, están abertas a propostas e redacción. Para elo, temos o foro "Novas para o web".

- Cuestións xerais: ese foro é o núcleo principal da CIF, dende o que se discuten e se deciden todo tipo de liñas a seguir (reformas no web, estrutura dos foros, organización, ..). Ir ao foro de "Cuestións xerais da Ciberirmandade"

Xestión

Para os usuarios e usuarias que asumen algunha tarefa, que participan mais activamente na vida interna da CIF, temos o foro de "organización", dende o que se fai seguimento das tarefas, se executa o mantemento técnico do sitio, ..

Coordinación

As tarefas as temos agrupadas en grandes areas. Chamámoslle coordinadores/as aos/ás responsábeis de verificar que todas as tarefas de cada area están a ser cumpridas.

Tarefas

Esta é unha clasificación viva das tarefas que temos que atender. A relación está permanentemente sometida a revisión, reorganización e reasignación. Se queres asumir algunha delas (inda que xa haxa quen a asume), non tes mas que ofrecerte no foro de Cuestións Xerais. Ir ao fío "Queres asumir unha tarefa?" .

Tarefas de coordinación
- Verificar cumprimento grandes areas de tarefas.
- Asumir tarefas non asignadas.
medulio, kiko das leiras, 6ªmatriuska, minhoca, moucho

Tarefas da asociación
- Verificación cumprimento resto tarefas da asociación - 6ªmatriuska
- Xestión contas (control ingresos e gastos; pagos) - 6ªmatriuska
- Xestión dados socios - 6ªmatriuska

Tarefas de tradución
- Verificación cumprimento resto tarefas de tradución - moucho
- Promoción e dinamización traballos tradución (procurarán manter viva a tensión en foros, web.. para que se fagan e rematen os traballos).
- Validación traducións feitas - moucho, cesar
- Xestión permisos validadores - moucho
- Mantemento software das ferramentas - medulio

Tarefas de relacións exteriores e listas de novas
- Verificación cumprimento resto tarefas correspondentes - Kiko das Leiras
- Difundir campañas e novas importantes noutros sitios - tractoriano, Kiko das Leiras
* Listas de novas:
     - Enviar novas
     - Xestionar usuarios
     - Mantemento software das ferramentas - minhoca
* Intercambio de bandeiras:
     - Localizar sitios que usan as nosas bandeiras ou script de obxectivos - Kiko das Leiras
     - Verificar mantemento bandeiras e script de obxectivos nos sitios que os ofrecían. - moucho,  Kiko das Leiras
     - Actualizar ligazóns e bandeiras doutros sitios no web principal - Kiko das Leiras
     - Actualizar bandeiras doutros sitios nos foros - Kiko das Leiras, minhoca
* Solidariedade Civil
     - Localizar e informar de campañas de solidariedade civil a apoiar - Kiko das Leiras
     - Verificar permanencia das campañas de solidariedade civil - Kiko das Leiras
     - Actualizar solidariedade civil no web - Kiko das Leiras

Tarefas dos foros
- Verificación cumprimento resto tarefas correspondentes - minhoca
- Localización e eliminación de usuarios SPAM - minhoca, medulio
- Mantemento software do phpBB - minhoca
- Informar de novidades da zona de descargas e documentos e arquivos no foro de Taboleiro do Arquivo
- Suprimir arquivos (revisarán fíos antigos para eliminar arquivos adxuntos innecesarios)
- Xestión permisos foros e grupos - minhoca
* Moderación foros (individualizado por foro)
     - Todos - moucho
     - Gramática
     - ..   
- Fornecer contidos foros (individualizado por foro, procurarán dinamizalos subindo novas) 
- Gramática
- ..

Tarefas da galería
- Verificación cumprimento resto tarefas correspondentes
- Verificar clasificación correcta das imaxes
- Mantemento software - medulio

Tarefas do web (agás obxectivos)
- Verificación cumprimento resto tarefas correspondentes - medulio
* Novas Ciberirmandade
     - Redacción novas Ciberirmandade
     - Publicación novas Ciberirmandade - moucho
* Novas Ciberirmandiños/as
     - Validación novas ciberirmandiños
* Ligazóns
     - Aprobación de ligazóns - moucho
     - Verificación validez ligazóns - moucho
- Verificar conveniencia dos comentarios e, no seu caso, eliminalos - tractoriano
- Xestión Descargas
- Xestión Documentos e artigos
- Xestión permisos usuarios - medulio
- Mantemento software - medulio

Tarefas de obxectivos
- Verificación cumprimento resto tarefas correspondentes
- Preparación dun obxectivo
- Revisión estado obxectivos - 6ªmatriuska, moucho
* Enquisa seguinte obxectivo
     - Propostas de enquisa
     - Posta en marcha e suspensión de enquisas
- Actualizar estado obxectivos no web - 6ªmatriuska
- Xestionar alta novo obxectivo - minhoca

Tarefas Buscador
- Verificación cumprimento resto tarefas correspondentes - moucho
- Revisar dados buscador - moucho
- Validar entradas buscador - moucho
- Fornecer e promover buscador - moucho

 
Seg. >



Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com