Venres, 29 de Agosto do 2008
 
  Inicio  
Obxetivo: Amnistía Internacional, parabéns e suxestión. (16.06.2008)

 Amnistía Internacional vén de celebrar os 30 anos da súa legalización no Estado Espanhol, e 20 de presenza continuada na Galiza. A Ciberirmandade quere sumarse cos parabéns evidentes polo aniversario e máis polo traballo feito e cunha suxestión que ten que ver coa pouca sensibilidade de  A.I. a respecto das distintas linguas do Estado, que se plasma na falta de opción de galego, catalán e euskera na web da “sección Española” de  A.I., así como nas campañas de envío de correos electrónicos que remiten ás/aos soci@s e colaboradores.

Cremos que unha organización como A.I. non debería de ter maior problema, nin polos valores e principios que defende, nin polos recursos que se lle supoñen, en satisfacer os dereitos lingüísticos das distintas comunidades do Estado. Por todo isto animámosche a enviarlles este prego de felicitación e suxestión.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns

Asociación Cultural Galega CiberIrmandade da Fala Imprimir Correo-e
Escrito por minhoca   
Luns, 06 de Novembro do 2006

Despois de dez anos de existencia, no ano 2006, e tras un longo e público debate, decidimos rexistrarnos como asociación. Nace así a Asociación Cultural Galega CiberIrmandade da Fala, coas motivacións principais de dar estabilidade económica á nosa organización, así como poder ter representación ante administracións, entidades, proxectos..

Mais o noso funcionamento pretende seguir sendo o mesmo de sempre, unha “meritocracia”, onde a posición (permisos e responsabilidades) de cada quen, conséguense co traballo. Convidámosche a ler os nosos estatutos, actas, contas.. pois queremos a máxima transparencia. Ir á documentación da asociación.

Convidámosche tamén a que formes parte da asociación, para o que debes enviar os seguintes dados por correo electrónico: nome e apelidos, enderezo, correo electrónico, alcume nos foros, e, se queres domiciliar os recibos (15 €/anuais), a túa conta bancaria. Contactar connosco.

Se non queres facerte socio ou socia, poderás colaborar economicamente.

Número de inscrición no Rexistro Central de Asociacións: 2007/010254-1 (SC)

 
Seg. >



Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com