|
Os camiños de ferro percorren galiza, pero so parcialmente coa nosa lingua. Queremos que RENFE corrixa algunhas deficiencias linguisticas, mentres que ADIF (Administrador de Infraestructuras), incorpore a nosa lingua no seu web e megafonía. RENFE ten páxina web parcialmente en galego, pois os contidos de documentación da empresa, organigrama, memoria, historia.. so poden ser lidos en español. Ao tempo, é habitual o uso de topónimos deturpados, como "Orense", "Arosa", "Viana del Bollo", "Ujes", "Puentecesures", "Ordenes"...e un longo etc. de despropositos que deberian ser corrixidos. ADIF non ofrece versión galega no seu web, e aprobeitando o envio de correos, queremos aprobeitar para solicitarlles que fagan uso da nosa lingua na megafonía. Se consideras que os camiños de ferro deberían facer uso da nosa lingua, convidamosche a participar nesta campaña, consistente no envio de correos electrónicos nominais a RENFE e ADIF.
|