Domingo, 07 de Setembro do 2008
 
  Inicio arrow Novas CiberIrmandade arrow Obxectivo. Os camiños de ferro en galego  
Obxetivo: Amnistía Internacional, parabéns e suxestión. (16.06.2008)

 Amnistía Internacional vén de celebrar os 30 anos da súa legalización no Estado Espanhol, e 20 de presenza continuada na Galiza. A Ciberirmandade quere sumarse cos parabéns evidentes polo aniversario e máis polo traballo feito e cunha suxestión que ten que ver coa pouca sensibilidade de  A.I. a respecto das distintas linguas do Estado, que se plasma na falta de opción de galego, catalán e euskera na web da “sección Española” de  A.I., así como nas campañas de envío de correos electrónicos que remiten ás/aos soci@s e colaboradores.

Cremos que unha organización como A.I. non debería de ter maior problema, nin polos valores e principios que defende, nin polos recursos que se lle supoñen, en satisfacer os dereitos lingüísticos das distintas comunidades do Estado. Por todo isto animámosche a enviarlles este prego de felicitación e suxestión.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña: Arquitectura Galega

Obxectivo. Os camiños de ferro en galego Imprimir Correo-e
Escrito por minhoca   
Luns, 06 de Novembro do 2006

Os camiños de ferro percorren galiza, pero so parcialmente coa nosa lingua. Queremos que RENFE corrixa algunhas deficiencias linguisticas, mentres que ADIF (Administrador de Infraestructuras), incorpore a nosa lingua no seu web e megafonía.

RENFE ten páxina web parcialmente en galego, pois os contidos de documentación da empresa, organigrama, memoria, historia.. so poden ser lidos en español. Ao tempo, é habitual o uso de topónimos deturpados, como "Orense", "Arosa", "Viana del Bollo", "Ujes", "Puentecesures", "Ordenes"...e un longo etc. de despropositos que deberian ser corrixidos.

ADIF non ofrece versión galega no seu web, e aprobeitando o envio de correos, queremos aprobeitar para solicitarlles que fagan uso da nosa lingua na megafonía.

Se consideras que os camiños de ferro deberían facer uso da nosa lingua, convidamosche a participar nesta campaña, consistente no envio de correos electrónicos nominais a RENFE e ADIF.

 
< Ant.   Seg. >

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Activa Galicia - activa o galego 
Solidariedade civil
Campaña: Apoiamos a Isaac Diaz Pardo


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com