|
Obxectivo. Academias Cefiasa |
|
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Sábado, 02 de Decembro do 2006 |
|
Procurando traballo, son milleiras as persoas que preparan oposicións a un posto nas administracións públicas, moitas delas utilizando os servizos de academias de estudos. Os opositores e opositoras casi unanimemente dispoñen do título de galego, polo que non terán que demostrar o coñecemento real do idioma. Non podemos aceptar que as persoas que no futuro tratarán cos administrados/as, non teñan o mais mínimo contacto coa lingua propia da Galiza. Cefiasa, pertencente ao grupo Adams, son un grupo de academias con presenza na Coruña, Ferrol, Ourense, Compostela e Vigo, que dispoñen dun web permanentemente actualizado, uns foros con 30 mil mensaxes nun ano, venda de material, e inclusive clases virtuais utilizando a rede. Todo, absolutamente todo no web de Cefiasa está en lingua allea. Convidamosche a que envies un correo a este grupo de academias pregandolles que faciliten versión galega na rede. Convidamosche tamén a que espalles esta campaña, a fin de sumar o maior número posibel de correos electrónicos. Podes enviar o teu correo dende eiquí e agora .
|