Martes, 07 de Outubro do 2008
 
  Inicio arrow Novas CiberIrmandade arrow Os camiños de ferro: obxectivo acadado.  
Obxetivo. Dolce Vita (19.09.2008)

Dolce Vita é a marca dun Grupo de Centros Comerciais portugueses con presenza en toda Península Ibérica e pretende instalarse en breve na Coruña. Din que na súa filosofía está saber “ser locais” e “entender a cultura e necesidades da sociedade coa que conviven” mais esta filosofía parece excluír o idioma galego como vehículo de comunicación e comercio así como obviar a toponimia correcta do lugar onde se van asentar, neste caso A Coruña.

Pensamos que sería bo facerlles saber que como potenciais clientes nos gustaría desenvolvernos integramente na nosa lingua o que inclúe ver respectada a nosa toponimia. Que esta normalidade pasa por ser atendidos, poder consultar e comprar en galego, ao vivo, a través de catálogo ou no ciberespazo.

Fai que lles conste a túa suxestión enviando este prego.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña:

Os camiños de ferro: obxectivo acadado. Imprimir Correo-e
Escrito por Medulio   
Domingo, 10 de Decembro do 2006
Ao pouco de comezar a campaña pola galeguización completa e polo uso de topónimos deturpados no web de RENFE, así como pola inexistencia do noso idioma no web de ADIF e a megafonía nas estacións, RENFE corrixiu de inmediato os topónimos deturpados.

Fai uns dias, foi ADIF quen deu sinais de vida, respostando con correos nos que informaba de que están nun proceso de renovación do web que, entre outras cousas, incorporará a nosa lingua. Tamén comunican que esperan extender o uso do galego na megafonía das estacións, pero sen comprometer data. A situación actual que motivou a campaña non é para botar foguetes, mais é un paso importante, polo que suspendemos a campaña, manténdonos á espreita.

Lembra que só a participación e a esixencia dos propios dereitos lingüísticos acadarán a atención das diferentes empresas e entidades que habitualmente non consideran importante a presencia do galego nas súas actividades, polo que é imprescindible a túa participación activa tanto na promoción e uso do galego como na demanda dos teus dereitos lingüísticos. En ocasións como a que nos ocupa, podes ver que ao remate os resultados van chegando.
 
 
< Ant.   Seg. >

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Dolce Vita 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Solidariedade civil
Campaña: PuntoGal


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com