Domingo, 07 de Setembro do 2008
 
  Inicio arrow Novas CiberIrmandade arrow Ingreso da cota de socio ou socia  
Obxetivo: Amnistía Internacional, parabéns e suxestión. (16.06.2008)

 Amnistía Internacional vén de celebrar os 30 anos da súa legalización no Estado Espanhol, e 20 de presenza continuada na Galiza. A Ciberirmandade quere sumarse cos parabéns evidentes polo aniversario e máis polo traballo feito e cunha suxestión que ten que ver coa pouca sensibilidade de  A.I. a respecto das distintas linguas do Estado, que se plasma na falta de opción de galego, catalán e euskera na web da “sección Española” de  A.I., así como nas campañas de envío de correos electrónicos que remiten ás/aos soci@s e colaboradores.

Cremos que unha organización como A.I. non debería de ter maior problema, nin polos valores e principios que defende, nin polos recursos que se lle supoñen, en satisfacer os dereitos lingüísticos das distintas comunidades do Estado. Por todo isto animámosche a enviarlles este prego de felicitación e suxestión.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña:

Ingreso da cota de socio ou socia Imprimir Correo-e
Escrito por minhoca   
Mércores, 20 de Decembro do 2006

Comunicamos aos integrantes da Asociación Cultural Galega Ciberirmandade da Fala, que xa está aberta a conta corrente para para ingresar a cota, establecida en 15 €/ano, que nos permita facer fronte aos gastos de funcionamento (nomeadamente, o pagamento da hospedaxe). Aproveitamos esta información para convidarvos a todos e a todas a participar na asociación e/ou facer doazóns económicas para o sostemento desta organización decana.

Como sabes a CiberIrmandade da Fala, tras varios meses de debate e traballo interno, presentou solicitude para constituirmonos legalmente en asociación cultural.

Este cambio forma parte dunha renovación global da CiberIrmandade, que puideches ver en primeiro lugar na nosa ferramenta principal, a páxina web, pero que abrangue tamén as dinámicas de traballo, a incorporación de proxectos asociados, de foros sectoriais, a galería de imaxes, as novas, a colaboración con outras entidades, a tradución de software...
Estes cambios fixeron que o número de ciberirmandiñ@s aumente cada día, o que levou consigo unha maior participación nas campañas e, en consecuencia, unha mellor resposta das empresas e institucións ás nosas suxestións ou demandas. É dicir, unha maior presenza do galego na rede.

Este incremento de actividade implica tamén un incremento dos custes de hospedaxe, polo que precisamos o diñeiro para sufragar, dun xeito mais estábel do que foi até agora (achegas voluntarias), as necesidades desta organización.

Polo momento o único xeito de facer o pagamento é a través dun ingreso na conta bancaria da CIF. Axiña ofrecerémosche outras posibilidades que polo momento non son viábies, como a domicialiación.

 
< Ant.   Seg. >

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Activa Galicia - activa o galego 
Solidariedade civil
Campaña:


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com