Martes, 07 de Outubro do 2008
 
  Inicio  
Obxetivo. Dolce Vita (19.09.2008)

Dolce Vita é a marca dun Grupo de Centros Comerciais portugueses con presenza en toda Península Ibérica e pretende instalarse en breve na Coruña. Din que na súa filosofía está saber “ser locais” e “entender a cultura e necesidades da sociedade coa que conviven” mais esta filosofía parece excluír o idioma galego como vehículo de comunicación e comercio así como obviar a toponimia correcta do lugar onde se van asentar, neste caso A Coruña.

Pensamos que sería bo facerlles saber que como potenciais clientes nos gustaría desenvolvernos integramente na nosa lingua o que inclúe ver respectada a nosa toponimia. Que esta normalidade pasa por ser atendidos, poder consultar e comprar en galego, ao vivo, a través de catálogo ou no ciberespazo.

Fai que lles conste a túa suxestión enviando este prego.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña:
Estado das traducións
Na Galería

Últimas Descargas
!JoomlaComment 3.23
Paquete de idioma galego para o phpBB 3.0.2
Joomla! 1.5.2 Tradución ao galego do Panel de Control (administración)
Paquete de idioma galego para o phpBB 3.0.1
Ó Chou:
Joomla! 1.0.9. Frontend galego formal
Paquete de idioma galego para o phpBB 2.0.20
Ligazóns ó Chou
Altermundo.org 
Asociacion Arrincadeira 
Galego21 
O Recuncho 
Lista de ligazóns
Engadir ligazón
Recoméndanos
O teu nome:

* O teu correo-e: 

* O correo-e do teu amigo: 

Mensaxe curta: 

Favoritos

Fainos a túa páxina de inicio (só Internet Explorer)
Quén está conectado?
Temos 1 membro conectados
Inicio da sesión





Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes conta?
Crea unha aquí
Troco de Bandeiras

Obxectivo. Yoigo Imprimir Correo-e
Escrito por minhoca   
Sábado, 23 de Decembro do 2006

A nova operadora de telefonía móbil Yoigo ignora o galego, mentres ofrece distintos servizos en castelán, inglés, catalán ou euskara. Faille  chegar a túa opinión.

A telefonía móbil é xa un servizo totalmente integrado na vida cotiá da cidadanía galega. Aos poucos o oligopolio destes primeiros anos vaise abrindo, coa aparición de empresas que compiten polo seu nicho, buscando ofrecer productos e servizos cada vez máis acaídos ás demandas dos usuarios. Neste intento de achegamento aos requirimentos da cidadanía, o uso das linguas propias de cada territorio semella unha necesidade evidente. Mais algunhas compañías de telefonía móbil non son conscientes desta demanda, nin teñen a mesma sensibilidade con todos os cidadáns e cidadás do estado español.

Así a nova firma Yoigo ignora a existencia do galego, non tendo a opción da nosa lingua para a facturación, nin para o servizo de atención ao cliente, nin para os contratos... En troques na súa web si ofrecen algúns dos seus contidos en linguas distintas dos castelán: euskara, catalán e inglés. Do mesmo xeito, no seu teléfono de atención ao cliente afirman que dispoñen de operadores para esas catro linguas, excluíndo de novo o galego. Yoigo diferenza claramente deste xeito aos clientes de primeira dos outros, de nosoutros, a quen nos despreza.

E aínda por riba, non teñen a máis mínima vergoña en facer na súa publicidade afirmacións como estas:

"En Yoigo hablamos tan claro, que incluso los clientes nos entienden. Bienvenido a una nueva forma de ver la telefonía móvil que [...] no sólo quiere que hables, sino que también te escucha. Para eso, hablamos contigo con un lenguaje sencillo, porque no necesitamos siglas ni palabras extrañas para parecer originales y novedosos. Queremos que las cosas sean fáciles y que entiendas por fin las facturas de tú móvil. Los que trabajamos aquí pensamos que todos somos iguales. Honesta: nuestros contratos dicen las cosas sin rodeos, porque la transparencia es un derecho del cliente."

Faille chegar a Yoigo a túa voz! Envíalles un correo de prostesta.

 
< Ant.   Seg. >

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Dolce Vita 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Solidariedade civil
Campaña: PuntoGal
Obxectivos dende...


Quérelo no teu web?

nemeth
Res Retica
O Recuncho
Xián Baby Web
Adiante (Mocidade Revolucionaria Galega)
Aldea de Coro
Ghastas Pista?
Verbas
A Ceibaría
O Reverso
Galego de seu
Remexer na lingua
xulinho.tk
toponímia galego-portuguesa e brasileira
Sindícanos


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com