|
Escrito por minhoca
|
|
Sábado, 13 de Xaneiro do 2007 |
Mentres outras entidades bancarias galegas, e incluso foráneas, van avanzando na implantación do uso do galego nas súas actividades, os pasos que está dando Caixanova nesta dirección exclúen o ciberespazo: Caixanova ofrece as súas comunicacións en galego, pero esquéceo na páxina web. Faille saber que o galego tamén existe na rede, envía o teu prego aquí .
Despois de innumerábeis solicitudes e campañas, como a da Mesa pola Normalización Lingüística que comezou en outubro de 2004, un importante número de bancos e caixas comprometéronse á galeguización dos seus servizos. Entre eles Caixanova, que se comprometeu a principios de 2006 a que as súas campañas publicitarias, a correspondencia comercial e a web estaría dispoñíbel no noso idioma. Tras un ano os clientes xa podemos recibir as comunicacións na nosa lingua, só tes que solicitalo na túa sucursal ou no teléfono 902.905.000. Pero a súa páxina web segue sen ter versión en galego. A galeguización non acaba de facerse efectiva neste eido. Faille chegar a túa opinión. Envíalle un correo demandando a galeguización da súa páxina web . |