|
Vueling e Hotel Louxo: dúas webs que se galeguizan! |
|
|
|
Escrito por ferreira
|
|
Venres, 26 de Xaneiro do 2007 |
|
Vueling e Hotel Louxo: dúas webs que se galeguizan! A semana pasada dúas páxinas web estrearon a súa versión en galego: Vueling e Hotel Louxo. E todo grazas á presión social, ás campañas levadas a cabo por diversos colectivos, entre eles a Ciberirmandade. Por iso queremos agradecer a participación de todos os ciberirmandiños e ciberirmandiñas que colaboraron no envío de pregos. Mais aínda hai cousas por facer, informámoste en "Ler máis".
Vueling galeguizou a súa web despois de seis meses de campaña conxunta promovida pola Ciberirmandade da Fala e A Mesa pola Normalización Linguistica, dirixida non só a eles, senón ao conxunto das compañías aéreas. Lembrámoste que aínda hai moitas compañías que seguen sen ter a opción de galego na súa páxina web e que non respectan a toponimia oficial. Podes enviarlles un correo tipo desde a propia web da Ciberirmandade ou un diferenciado a cada unha delas desde a da Mesa. No caso do Hotel Louxo - La Toja, o 18 de xaneiro colgouse na rede o contido das normas de cortesía do hotel, onde se prohibía "hablar en gallego". A reacción social foi inmediata, liderada principalmente por Celso Álvarez Cáccamo, que informou desde o PGL e por Carlos Callón da Mesa. Froito das protestas individuais, así como das conversas e reunións mantidas coa dirección do hotel, esta comprometeuse, alén de eliminar esa "norma" e de incluír unha nota pública de rectificación na súa páxina web, a comezar un proceso de galeguización das súas instalacións e servizos que incluiría: - a elaboración dunha versión en galego da súa web, - o cambio de denominación do hotel para respectar o topónimo oficial A Toxa, - a inclusión do galego nas información que se ofrece á clientela, - a redacción das normas internas en galego, - contactar coa iniciativa Galempresa - informar activamente nos medios da súa postura e dasa medidas que está a tomar |