Domingo, 12 de Outubro do 2008
 
  Inicio arrow Novas CiberIrmandade arrow Vueling e Hotel Louxo: dúas webs que se galeguizan!  
Obxetivo. Dolce Vita (19.09.2008)

Dolce Vita é a marca dun Grupo de Centros Comerciais portugueses con presenza en toda Península Ibérica e pretende instalarse en breve na Coruña. Din que na súa filosofía está saber “ser locais” e “entender a cultura e necesidades da sociedade coa que conviven” mais esta filosofía parece excluír o idioma galego como vehículo de comunicación e comercio así como obviar a toponimia correcta do lugar onde se van asentar, neste caso A Coruña.

Pensamos que sería bo facerlles saber que como potenciais clientes nos gustaría desenvolvernos integramente na nosa lingua o que inclúe ver respectada a nosa toponimia. Que esta normalidade pasa por ser atendidos, poder consultar e comprar en galego, ao vivo, a través de catálogo ou no ciberespazo.

Fai que lles conste a túa suxestión enviando este prego.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña: Dimensiona

Vueling e Hotel Louxo: dúas webs que se galeguizan! Imprimir Correo-e
Escrito por ferreira   
Venres, 26 de Xaneiro do 2007

Vueling e Hotel Louxo: dúas webs que se galeguizan!
A semana pasada dúas páxinas web estrearon a súa versión en galego:  Vueling e Hotel Louxo. E todo grazas á presión social, ás campañas levadas a cabo por diversos colectivos, entre eles a Ciberirmandade. Por iso queremos agradecer a participación de todos os ciberirmandiños e ciberirmandiñas que colaboraron no envío de pregos. Mais aínda hai cousas por facer, informámoste en "Ler máis".

Vueling galeguizou a súa web despois de seis meses de campaña conxunta promovida pola Ciberirmandade da Fala e A Mesa pola Normalización Linguistica, dirixida non só a eles, senón ao conxunto das compañías aéreas. Lembrámoste que aínda hai moitas compañías que seguen sen ter a opción de galego na súa páxina web e que non respectan a toponimia oficial. Podes enviarlles un correo tipo desde a propia web da Ciberirmandade ou un diferenciado a cada unha delas desde a da Mesa.

No caso do Hotel Louxo - La Toja, o 18 de xaneiro colgouse na rede o contido das normas de cortesía do hotel, onde se prohibía "hablar en gallego". A reacción social foi inmediata, liderada principalmente por Celso Álvarez Cáccamo, que informou desde o PGL e por Carlos Callón da Mesa. Froito das protestas individuais, así como das conversas e reunións mantidas coa dirección do hotel, esta comprometeuse, alén de eliminar esa "norma" e de incluír unha nota pública de rectificación na súa páxina web, a comezar un proceso de galeguización das súas instalacións e servizos que incluiría:

- a elaboración dunha versión en galego da súa web,
- o cambio de denominación do hotel para respectar o topónimo oficial A Toxa,
- a inclusión do galego nas información que se ofrece á clientela,
- a redacción das normas internas en galego,
- contactar coa iniciativa Galempresa
- informar activamente nos medios da súa postura e dasa medidas que está a tomar

 
< Ant.   Seg. >

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Dolce Vita 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Solidariedade civil
Campaña: SOS Mourela


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com