|
Escrito por minhoca
|
|
Luns, 05 de Febreiro do 2007 |
A CiberIrmandade da Fala comeza unha nova acción na rede neste mes de febreiro. Desta vegada, os ciberirmandiños e ciberirmandiñas escollemos Aqualia (www.aqualia.es). Esta empresa, creada no 2002, é a marca global para a actividade da auga da empresa FCC. Le máis e envíalles un correo.
Aqualia ten unha actitude extraña co galego. Por unha banda é das poucas empresas que emite as facturas e a publicidade adxunta ás mesmas en galego, sendo esta tamén a lingua por defecto na súa páxina de Vigo. O seu servizo de atención ao cliente tamén está dispoñíbel na nosa lingua. Todo isto merece o noso recoñecemento e os nosos parabéns. Pero ao mesmo tempo, Aqualia ignora a nosa linga na súa web central (www.aqualia.es), onde ofrece a posibilidade de escoller entre castelán, catalán e ingles, usando en varias partes dela topónimos deturpados a carón dos correctos ("A Coruña/La Coruña" e "Ourense/Orense"). A publicidade do seu centro de atención ao cliente tan só está en castelán. Aqualia presume na súa web de compartir as preocupacións dos seus clientes e de que "defiende la filosofía de convertir los valores y preocupaciones de sus clientes en los suyos propios", polo que consideramos moi importante facerlle chegar a nosa valoración da súa actitude. Agora depende de ti premer na ligazón e enviar un prego . Colabora |