|
A CiberIrmandade apoia o PuntoGal |
|
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Xoves, 15 de Febreiro do 2007 |
|
O 26 de marzo a ICANN, o organismo internacional que se encarga de conceder os nomes dos enderezos da internet, toma a decisión sobre a reivindicación da Asociación PuntoGal do dominio propio para a lingua e a cultura galegas. Os internautas seguimos a amosar o noso apoio a prol da concesión do dominio que distinga a nosa lingua e a cultura. Ata hoxe lévanse recollidas máis de 3.000 sinaturas, entre elas a da CiberIrmandade.
Despois dunha primeira etapa de procura de apoios de máis institucións, colectivos e asociacións, PuntoGal abriu a opción de que cada quen asine, de maneira individual, para deixar constancia do seu apoio ás reivindicacións da Asociación. Para asinar só tes que premer aquí e cubrir os campos.
|