Domingo, 12 de Outubro do 2008
 
  Inicio arrow Novas CiberIrmandade arrow Novo foro: traduCIF  
Obxetivo. Dolce Vita (19.09.2008)

Dolce Vita é a marca dun Grupo de Centros Comerciais portugueses con presenza en toda Península Ibérica e pretende instalarse en breve na Coruña. Din que na súa filosofía está saber “ser locais” e “entender a cultura e necesidades da sociedade coa que conviven” mais esta filosofía parece excluír o idioma galego como vehículo de comunicación e comercio así como obviar a toponimia correcta do lugar onde se van asentar, neste caso A Coruña.

Pensamos que sería bo facerlles saber que como potenciais clientes nos gustaría desenvolvernos integramente na nosa lingua o que inclúe ver respectada a nosa toponimia. Que esta normalidade pasa por ser atendidos, poder consultar e comprar en galego, ao vivo, a través de catálogo ou no ciberespazo.

Fai que lles conste a túa suxestión enviando este prego.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña: Arquitectura Galega

Novo foro: traduCIF Imprimir Correo-e
Escrito por minhoca   
Mércores, 28 de Febreiro do 2007

Unha das tarefas das que se ocupa a CiberIrmandade, e que nos últimos anos colleu maior importancia, é a tradución de software. Dende a CIF temos feito traducións de Joomla!, phpList ou phpBB (do que somos os encargados oficiais para a versión galega).

A ferramenta de tradución on-line que artellamos é o traduCIF,  na que calquera pode participar. Este programa permite que os tradutores fagan, para cada liña, as súas propias propostas de tradución, ou voten por algunha das que xa se propuxeron.

Como complemento e soporte ao traduCIF creamos estes dias un foro específico no que:

  • Facer propostas e discutir o software que queiramos engadir no traduCIF.
  • Discutir e resolver as dúbidas que xurdan nas traducións.
  • Executar os traballos de transformación entre arquivos de lingua e arquivos con formato ".PO".
  • Xestionar os validadores/as para as traducións.
  • Discutir sobre cuestións como a creación dun glosario, guía de estilo, FAQ... que no seu día se poderá complementar con outras ferramentas.
  • En xeral, todo o que teña que ver coa tradución de software ná nosa lingua.

O responsabel, tanto do traduCIF como deste foro é Moucho.

Animamos a todo o mundo a que participe; non é preciso ter ningún coñecemento específico, nin un nivel moi alto de inglés; tan só poñer un pouco de gañas. 

 
< Ant.   Seg. >

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Dolce Vita 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Solidariedade civil
Campaña: Foro Social Galego


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com