|
Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña: obxectivo acadado |
|
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Sábado, 03 de Marzo do 2007 |
|
A CiberIrmandade comezara en marzo de 2001 unha campaña pola galeguización da páxina web da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña, sendo este un dos nosos obxectivos máis veteranos. Tras a corrección dos topónimos deturpados que usaba nun principio, e un longo período "en construción", en marzo de 2006 decidimos reactivar a campaña.
Como resposta no mes de abril recibimos un correo da Escola indicando a intención do equipo directivo de promocionar o galego e usalo de xeito cotián, polo que se decidiu suspender temporalmente a campaña. Finalmente e non sen dificultades, a presión exercida polos ciberirmandiños e ciberirmandiñas conseguiu o seu obxectivo: o sitio web da ETSAC xa está dispoñible en galego. A galeguización desta páxina web súmase á do concello de Cedeira e á de Vueling, sendo xa tres os obxectivos conqueridos pola CiberIrmandade no que vai de ano. Parabéns a todos e todas os participantes. Graciñas e adiante! |