Domingo, 12 de Outubro do 2008
 
  Inicio arrow Novas CiberIrmandade arrow A favor do galego auténtico, a favor dun idioma non artificioso  
Obxetivo. Dolce Vita (19.09.2008)

Dolce Vita é a marca dun Grupo de Centros Comerciais portugueses con presenza en toda Península Ibérica e pretende instalarse en breve na Coruña. Din que na súa filosofía está saber “ser locais” e “entender a cultura e necesidades da sociedade coa que conviven” mais esta filosofía parece excluír o idioma galego como vehículo de comunicación e comercio así como obviar a toponimia correcta do lugar onde se van asentar, neste caso A Coruña.

Pensamos que sería bo facerlles saber que como potenciais clientes nos gustaría desenvolvernos integramente na nosa lingua o que inclúe ver respectada a nosa toponimia. Que esta normalidade pasa por ser atendidos, poder consultar e comprar en galego, ao vivo, a través de catálogo ou no ciberespazo.

Fai que lles conste a túa suxestión enviando este prego.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña: Arquitectura Galega

A favor do galego auténtico, a favor dun idioma non artificioso Imprimir Correo-e
Escrito por minhoca   
Sábado, 10 de Marzo do 2007
PROCLAMA a favor dunha humilde e entrañable partícula mergullada nas raíces da realidade vital da lingua. MANIFESTO DOS CENTO SETENTA en defensa da verdadeira conxunción copulativa: a que nos conforta en “pan e viño”, a que nos divirte en “cóxegas e moxetes”, a que nos orballa en “Laiño e Lestrove”, a que nos compromete en “dereitos e deberes”, a que nos anima en “saudiña e que cante o merlo”, a que nos engaiola en “liberdade e xustiza” e a que nos confraterniza en “galegos e galegas”, “galegos e galegas”.

Desde hai séculos, as persoas verdadeiramente identificadas co xenio da lingua galega nunca pronunciaron “i” nas formulacións idiomáticas que encabezan este CHAMAMENTO ( Outra cousa sería se o segundo termo comezase por vogal: neses casos a opción e ou i dependería dos criterios fónicos e estilísticos dos falantes).

Hai tempo que o noso oído fisiolóxico e idiomático percibe, en non poucos falantes, “galegos i galegas”, con ese “ i ”que é, filoloxicamente, ilexítimo, ilegal, iletrado, ilícito, iincuo.

Por se fose pouco, a ilicitude medra dun xeito especial, entre cidadáns e cidadás que ocupan postos importantes no eido político e sindical (infelizmente, tamén, no cultural e mediático). Trátase, pois, de cidadáns e cidadás que, polo mero feito de falaren desde tribunas relevantes, lexitiman o “ i “ ilexítimo e inepto, e , en certos casos, sementan o desconcerto nos herdeiros auténticos do xenio do idioma.

Sabido é que hai pais e avós, galegofalantes enxebres, non sofisticados, que, cando oen (na radio, na televisión, no Parlamento, no mitin…) ós seus fillos, ós seus netos (conselleiros, deputados, directores xerais…), chegan á conclusión de que o seu vello falar( o seu honrado “pan e viño) non é bo, non é moderno, non é fino: que é da aldea.

Tamén sabemos que hai pais e avós que, ante os seus fillos e netos instalados no poleiro mediático, defenden, con dignidade, o pan e mailo viño e mesmo os alcuman de castelanistas ( “pan y vino” ) mesturados de lusistas, pois, en portugués, a pronuncia desta conxunción copulativa é i . Aínda así, a tribo dos do “ i “ medra, e cómpre que non se consolide.

Sexa cal for a explicación deste sofisticado fenómeno, sexa cal for a explicación (que non xustificación) de pronuncia tan ilexítima, chegou a hora de dirixírmonos ós falantes con responsabilidades públicas para que asuman comportamentos lingüísticos dignos da súa relevancia social, non só no caso denunciado neste MANIFESTO senón en todos aqueles que revelan nula ou ínfima sensibilidade idiomática (a desaxeitada colocación do pronome átono, os lleismos, cantas formas verbais compostas, a ausencia de infinitivos conxugados,etc.etc.etc.)

Hoxe por hoxe a nosa PROCLAMA, o noso MANIFESTO, é un aturuxo filolóxico a favor da humilde, da entrañable, da enxebre conxunción copulativa e , tan frecuente no noso idioma.

Con pan e viño ándase o camiño.

Na Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, 24 de febreiro de 2007.
(170 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, da escritora que dixo que a poesía galega era “toda música e vaguedade)

Blogue de Marcos Valcarcel

 
< Ant.   Seg. >

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Dolce Vita 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Solidariedade civil
Campaña: SOS Mourela


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com