|
A Mesa resolve dúbidas lingüísticas en Radio Obradoiro |
|
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Xoves, 29 de Marzo do 2007 |
|
Longa Lingua, a publicación galega sobre lingua e sociedade d'A Mesa pola Normalización Lingüística informa da emisión dun programa en Radio Obradoiro desde onde se resolverán dúbidas sobre a lingua.
A información sobre os dereitos lingüísticos e como exercelos ou consellos para mellorar no uso do galego teñen o seu propio espazo nas ondas radiofónicas grazas á colaboración entre A Mesa pola Normalización Lingüística e Radio Obradoiro, emisora do Grupo Correo Gallego. O programa emítese nas segundas e nas sextas aproximadamente entre as 18.10 e as 18.45 horas, e pódese sintonizar no 102.1 e no 90.2 da FM en Santiago e comarca. En internet pódese seguir a emisión en directo a través da web www.radioobradoiro.com. A audiencia participa no programa formulando dúbidas que se resolven en antena, e que poden enviar ao correo electrónico
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
. |