Xoves, 20 de Novembro do 2008
 
  Inicio arrow Novas CiberIrmandade arrow Enorme repercusión da campaña do Instituto Xeográfico Nacional  
Obxetivo. Dolce Vita (19.09.2008)

Dolce Vita é a marca dun Grupo de Centros Comerciais portugueses con presenza en toda Península Ibérica e pretende instalarse en breve na Coruña. Din que na súa filosofía está saber “ser locais” e “entender a cultura e necesidades da sociedade coa que conviven” mais esta filosofía parece excluír o idioma galego como vehículo de comunicación e comercio así como obviar a toponimia correcta do lugar onde se van asentar, neste caso A Coruña.

Pensamos que sería bo facerlles saber que como potenciais clientes nos gustaría desenvolvernos integramente na nosa lingua o que inclúe ver respectada a nosa toponimia. Que esta normalidade pasa por ser atendidos, poder consultar e comprar en galego, ao vivo, a través de catálogo ou no ciberespazo.

Fai que lles conste a túa suxestión enviando este prego.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña: Dimensiona

Enorme repercusión da campaña do Instituto Xeográfico Nacional Imprimir Correo-e
Escrito por minhoca   
Domingo, 01 de Abril do 2007

A actual campaña desenvolvida pola CiberIrmandade, na que se demanda a corrección dos topónimos deturpados na páxina do Instituto Xeográfico Nacional, así como a realización dunha versión en galego desta web, está a ter unha repercusión moi importante. Nas dúas semanas escasas que leva funcionando, a iniciativa da CIF non só está a ser espallada pola rede, senón que chegou tamén aos medios de comunicación editados en papel, e mesmo propiciou preguntas no Congreso e no Senado españois, así como no Parlamento Galego.

Pero a acción aínda está en marcha. Participa!

Tan só desde a páxina da CIF enviáronse xa máis de 300 pregos ao IXN, de quen aínda obtivemos resposta ningunha.

Moitas foron as bitácoras, os xornais, os foros, os medios de distinto tipo que recolleron e debateron sobre a nova. Entre eles:

Lembra que aínda podes sumarte á campaña enviándolle ao IXN este prego.

Todo este movemento na Rede reflicte a enorme importacia que ten internet como ferramenta normalizadora para a nosa fala e a nosa cultura. E por isto queremos agradecer, dun xeito sincero, a toda a xente que está a espallar esta nova nos seus medios, así como lembrar a todas e todos os internautas galegos a importancia de envíar pregos e denunciar  o estado de represión que sofre a nosa lingua en moitos ambitos.

 
< Ant.   Seg. >

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Dolce Vita 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Solidariedade civil
Campaña: SOS Mourela


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com