Martes, 07 de Outubro do 2008
 
  Inicio arrow Documentos, artigos arrow A lingua da Galiza arrow A persecución do galego durante o franquismo  
Obxetivo. Dolce Vita (19.09.2008)

Dolce Vita é a marca dun Grupo de Centros Comerciais portugueses con presenza en toda Península Ibérica e pretende instalarse en breve na Coruña. Din que na súa filosofía está saber “ser locais” e “entender a cultura e necesidades da sociedade coa que conviven” mais esta filosofía parece excluír o idioma galego como vehículo de comunicación e comercio así como obviar a toponimia correcta do lugar onde se van asentar, neste caso A Coruña.

Pensamos que sería bo facerlles saber que como potenciais clientes nos gustaría desenvolvernos integramente na nosa lingua o que inclúe ver respectada a nosa toponimia. Que esta normalidade pasa por ser atendidos, poder consultar e comprar en galego, ao vivo, a través de catálogo ou no ciberespazo.

Fai que lles conste a túa suxestión enviando este prego.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns

A persecución do galego durante o franquismo Imprimir Correo-e
Escrito por Medulio   
Domingo, 27 de Novembro do 2005

A Persecución Do Galego Durante O Franquismo

Artigo publicado en A Nosa Terra, nº 829, o día 7 de maio de 1998.


No número 826 de A Nosa Terra, João Guisam asina un artigo títulado "o galego por que non fica máis remédio", no que, para apoiar a sua argumentación de que non se trata de impor senón de lograr que se fale galego porque non queda máis remédio, afirma que "Nenhum Decreto proibiu nunca o uso do galego". O presente artigo demostra até que ponto a sua afirmación é incorrecta.

Unha vez que trunfa a sublevación en Galiza, o líder galeguista Alexandre Bóveda é sometido a xuízo sumarísimo e executado o 17/08/1936. O Presidente do Tribunal que o xulgou, permítiulle falar ao final do xuízo, pero con duas condicións: "a primeira, que só poderán falar sobre feitos durante dez minutos, como máximo; e a segunda, aínda que resulte obvia, que no poderán expresarse senón no idioma glorioso dos bos españois, que é o español, e de ningunha maneira no dialecto galego" .O Governo Nacional publica unha orde no BOE do 26/05/1937 pola que se proibe "o uso doutro idioma que non sexa o castellano nos títulos, razóns sociais, Estatutos ou Regulamentos e na convocatória e celebración de Asembleas ou Xuntas das entidades que dependan deste Ministerio".

O BOE do 21/05/1938 publica unha orde na que se afirma que a España de Franco non pode tolerar agresións contra a unidade do idioma, nen a imposición de nomes que pugnan coa sua nova constitución, e por iso proibe a utilización de nomes que estean expresados en idioma distinto ao oficial castellano, que entrañen unha significación contrária á unidade da patria ou non figuren no Santoral Romano.

A vitória das forzas sublevadas converteu a censura e os métodos ditatoriais en armas usuais ao servizo da língua oficial. "É a nosa língua o sistema nervoso do noso Imperio espiri tual e herdanza real e tanxíbel do noso Imperio político histórico". Suprimíronse os centros de estudio e as editoriais que utilizaban o idioma do país. Mentres os escritores e políticos aditos ao réxime contribuian coas suas proclamas á glorificación do castellano. Asi, o falanxista Giménez Caballero conminaba solemnemente: "¡Escoitade ben isto e para sempre, meniños españois! ¡Quen de vos esqueza a sua língua española ou a cambie por outra, deixará de ser español e cristián. ¡Por traizón contra España e pecado contra Deus! ¡E terá que escapar de España! E cando morra, a sua alma traídora irá ao infemo!". En Setemhro de 1948, dicia Julio Sierra: "Querer usar o galego na correspondencia comercial, nos oficios burocráticos, no xornalismo e ainda na novela post-freudiana, supón un inconcebíbel disparate, un vandálico sacriléxio verbal, algo moi próximo á blasfemia". O que será máis tarde presidente da Real Academia española da Língua, Dámasa Alonso, escribia en 1950: ". ..o galego é hoxe unha língua, por un lado rural e por outro poética, e nada máis; que para escreber Ciéncia ou Filosofía os galegos terán que escreber en castelán (que o fan estupendamente)".

O 21 de xuño de 1951, o entón Director Xeral de Prensa, Juan Aparicio, publica no xornal sindical Pueblo un duro artigo contra o idioma galego como resposta a un escrito publicado por Ramón Piñeiro no número 1 de Cuadernos Grial, titulado "Siñificación metafisica da saudade", no que citaba a Heidegger e a outros filósofos alemáns. "En Galicia -dicia o Director xeral- algun pedante traduce a filosofía alemana con ritmo de gaita, como na Fundación Bernat Metge se vertía aos clásicos grecolatinos a unha xerigonza que era un "patois" gabacho. O teatro popular valenciano é gordo e picante como a cebola, pero non piden peras á alfarrobeira. O escritor que escrebe na colección Grial da Editorial Galaxia, de Vigo, ou redacta versos en antañona lingua de oc ou no máis arcaico vasconzo, porque o castellano lle parece tosco, infiel ou inexpresivo, é un escritor que ten faltas de ortografía na sua pluma e na sua alma, avergoñándose de que se lle vexan tales vergoñas ao despido. Querido e respectábel Raimundo [Femández Cuesta], haberiá que sometelos a unha cura de psicanalista ou traelos a Madrid, palas boas ou palas malas, para que tonifiquen o seu sistema moral e o seu sistema nervoso no competidísimo torneo". A este artigo retrucoulle, o 27 de xuño de 1951, desde as páxinas de El Pueblo Gallego, o tamén falanxista José María Castroviejo, manifestando que consideraba que o seu artigo era unha ofensa para os galegos, que por aqui non existen esas faltas de ortografía e que o feito de cultivar literariamente o galego nón significa desdén para o castelán.

Na década dos cincuenta, os galeguistas do interior redactaron un manifesto no que delataban a campaña persecutória contra a língua galega desatada polo réxime franquista, que baseaban nos seguintes feitos:

En Setembro de 1951, o Director Xeral de Prensa, D. Juan Aparicio López ordenou "verbalmente aos directores dos xornais de Galicia que non acollesen nas súas páxinas texto algún escrito en lingua galega: Pouco despois comunícoulles, desta vez mediante oficio, que quedaba proibida a publicación de calquer nova, comento ou artigo na nosa fala. No mes de Maio do ano seguinte, o propio Aparicio suspendeu, por mandato expreso, a edición dos Cuadernos da Colección Grial. Empregou como pretexto, que non se axustaban ás normas previstas pola Direción Xeral de Prensa. O 31 de Decembro do mesmo ano, convocouse en Vigo unha sesión extraordinaria da Academia Galega para recibir como membro numerario a Manuel Gómez Román. O designado para respostar ao discurso de ingreso era Ramón Otero Pedrayo. Ambolos dous tiñan preparadas para a súa lectura, en idioma galego, as respectivas intervencións. Pero uns momentos antes de dar comezo o acto académico, impedíuse, por disposición guvernativa, a utilización do galego na celebración. En consecuéncia, tanto o recipendiário como o encarregado de apadriñar o seu ingreso na corporación literária, vironse obrigados a improvisar unhas palabras en castelán, para dar conta aos asistentes dos motivos desvirtuadores do significado do acto". Ancorados nestes feitos, o Partido Galeguista remesou desde Galiza ao Congreso da UNESCO, celebrado en Montevideo, un documento no que denunciaba a política represiva do réxime franquista contra a língua galega, que causou un impacto positivo, segundo Femández del Riego, en grande parte das delegacións asistentes, e molestou aos membros da Delegación guvernamental española, na que figuraba o ministro Ruíz Jiménez, o catalán Esterlich e o galego Fraga Iribarne.

O Centro Galego de Bos Aires e o Centro Lucense fixeron chegar tamén individualmente a sua protesta, e a Irmandade Galega, xunto cos Centros de Betanzos, Corcubión, Coruñés, Ourensán e Pontevedrés, presentaron, en representación dos galegos da patria e dos galegos espallados por todo o mundo, o 15/10/1954, un documentado informe denunciando a persecución desatada "contra o idioma galego, cada día máis encirrada e rastreira no seu desexo criminal de anular o veículo máis enxebre de expresión da nosa personalidade diferenciada". Basean a sua argumentación nos seguintes feitos:

  1. o caracter absoluto do control que o Estado exerce encol da vida cultural. Non pode publicarse absolutamente nada que non sexa previamente examinado e autorizado pola censura estatal...
  2. o carácter totalitário da censura. Nen o autor nen o imprentador dun libto teñen regras obxectivas a que aterse...
  3. o carácter governativoe non legal das proibicións. Moitas das proibicións non constan en nengunha lei escrita e promulgada. Son simples ordes da Autoridade governativa. Mais dado o carácter ditatorial do actual Estado español, as ordes guvernativas teñen naquel país toda a forza executiva e coercitiva dunha lei, coa desvantaxe para o cidadán de que son para el inapelábeis". Apoian as acusacións contra estes procedementos xerais de funcionamento cos seguintes datos concretos:

 

I) A proibición de publicarse revistas ou xomais culturais ou informativos nas linguas catalá, galega e vasca. Non hai nengunha lei que o proiba por escrito, mais o organismo estatal correspondente, neste intre a Direción Xeral de Prensa, non o autoriza, e a súa denegación é inapelábel (...)

II) Á proibición de publicar revistas ou xomais en língua galega ou catalá, engadiuse a de publicar artígos ou noticias nas línguas citadas. Os xornais de Galiza, aínda que escritos en castelán, publicaban ás veces, colaboracións en galego. O actual Director Xeral de Prensa enviou unha circular a todos os directores dos xomais de Galiza, proibíndolles terminantemente o uso da língua galega (...)

III) A proibición de empregar a língua galega nas conferéncias ou actos culturais...

IV) A proibición de publicar traducións de línguas modernas ao catalán, galego ou vasco. As obras de Dickens, de Balzac, de Tolstoy, de Faulkner, de Mauriac ou de calquera outro novelista universal non poden ser publicados na língua galega (...)

V) A proibición tallante aos escolantes para utilizar a lingua galega (...)

VI) Idéntica proibición que a citada, cóutalles aos cregos de utilizar lingua galega nos sermóns, a pesa da obrigación de predicar o Evanxélio na língua dos fieis. Mentres estúdian a carreira e permanecen internos no Seminário, proíbeselles incluso que o falen entre si nas conversas privadas.

VII) ...en nengún dos centros de ensino de Galiza, incluída a Universidade de Santiago de Compostela, se ensina a lingua e literatura galega". Dan conta, a seguir, da clausura do Seminario de Estudos Galegos en 1936 substituído polo Instituto Padre Sarmiento de Estudios Galegos, ao fronte do cal se puxo a Sánchez Cantón, do cal a vervidume moral o levou a aceptar "o aldraxante impedimento de utilizar a lingua galega nas publicacións do Instituto de Estudios Gallegos". Termina o informe declarando que "a lingua galega xamais sufriu durante oito séculos da sua existéncia literária o grao de abouramento que actualmente padece. (...) A povoación de Galiza, de Cataluña, e do País Vasco suma máis de 8.500.000 habitantes. Isto quere dicer que a terceira parte da povoación total española padece a xenreira idiomática do Estado".

Conta Carlos Fernández que en 1967, La Voz de Galicia decidiu darlle o prémio Fernández Latorre a Álvarez Gándara por un artigo sobre o idioma galego. "Eu supoñiame, dado o tema, que haberia follón e propuxen que se lle dese o prémio ao xoven xornalista Pepe Fernández Ferreiro, polo artigo Dadme una capa de paja. Pero Augusto Assía e outros membros do xurado dixeron que non, que habia que darllo a Alvárez Gándara. Incluso Augusto Assía escrebeu un artigo sobre o citado tema do idioma galego. O cabreo que agarrou o ministro Fraga foi maiúsculo e ameazounos con pechar o xomal". No artigo citado de Augusto Assía sobre o idioma galego, aparecido en La Voz de Galicia do 26/07/1967, aludíase a que o idioma galego non pode ser usado como un ferro candente para marcar a servidume e outro -o castellano- como unha plumaxe co que abonar falsas pretensións e superioridades. Non cre que lle ocorra ao galego "non só na igrexa, senón na Universidade, nos estratos e nas oficinas públicas o que non fai máis que vinte anos lle ocorría aos negros nos Estados Unidos, onde non se lles deixaba entrar máis que pola escaleira de servizo". Tras o correspondente expediente, o director do citado xomal, Pillado Rivadulla, foi penalizado, con ocasión do citado artigo de Fernández Armesto, Augusto Assía, cunha multa de 50.000 ptas. polo entón Ministro de Información e Turismo, señor Fraga Iribarne.

'Click' para ver ampliado
Octavilla 1947

 
< Ant.   Seg. >



Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com