Venres, 21 de Novembro do 2008
 
  Inicio arrow Novas CiberIrmandade arrow Anima ao Celta a continuar galeguizándose  
Obxetivo. Dolce Vita (19.09.2008)

Dolce Vita é a marca dun Grupo de Centros Comerciais portugueses con presenza en toda Península Ibérica e pretende instalarse en breve na Coruña. Din que na súa filosofía está saber “ser locais” e “entender a cultura e necesidades da sociedade coa que conviven” mais esta filosofía parece excluír o idioma galego como vehículo de comunicación e comercio así como obviar a toponimia correcta do lugar onde se van asentar, neste caso A Coruña.

Pensamos que sería bo facerlles saber que como potenciais clientes nos gustaría desenvolvernos integramente na nosa lingua o que inclúe ver respectada a nosa toponimia. Que esta normalidade pasa por ser atendidos, poder consultar e comprar en galego, ao vivo, a través de catálogo ou no ciberespazo.

Fai que lles conste a túa suxestión enviando este prego.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña: Dimensiona

Anima ao Celta a continuar galeguizándose Imprimir Correo-e
Escrito por minhoca   
Luns, 16 de Abril do 2007

A Ciberirmandade da Fala quere sumarse á iniciativa d'A Mesa pola Normalización Lingüística e achegar os nosos parabéns ao Celta por unha nova “vitoria”: o club dá novos pasos no uso do galego. Ao tempo a asociación convida agora ao equipo de fútbol a que inclúa unha versión da web na nosa lingua. Súmate á iniciativa enviándolles un correo!

O Celta de Vigo deu novos pasos no uso do galego. A publicidade xa está no noso idioma, igual que a entrada no seu sitio web. Ademais, estase a difundir masivamente o boletín en papel Real Club Celta - A cor de Galicia, cuxa edición é en galego nun 75% do seus contidos (tamén podedes descargalo en formato PDF na súa web).

Aínda teñen algún camiño por percorrer, como ofrecer versión plena en galego do seu espazo web, Máis compre saudos xa o feito e animar que se continúe nesa liña. Tanto se es afeccionada/a como se non, achégalle os teus parabéns clicando aquí.

Así mesmo, A Mesa tamén quere convidar a outros equipos deportivos galegos a que incorporen ás súas comunicacións a lingua propia de Galiza, especialmente ao Deportivo da Coruña, que segue incluíndo no seu nome oficial o topónimo deturpado da cidade.

 
< Ant.   Seg. >

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Dolce Vita 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Solidariedade civil
Campaña: Salvemos Monteferro


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com