Luns, 01 de Decembro do 2008
 
  Inicio arrow Novas de usuarios/as arrow 6.000 €/mes polo conflito do toponimo de A Coruña  
Obxetivo. Dolce Vita (19.09.2008)

Dolce Vita é a marca dun Grupo de Centros Comerciais portugueses con presenza en toda Península Ibérica e pretende instalarse en breve na Coruña. Din que na súa filosofía está saber “ser locais” e “entender a cultura e necesidades da sociedade coa que conviven” mais esta filosofía parece excluír o idioma galego como vehículo de comunicación e comercio así como obviar a toponimia correcta do lugar onde se van asentar, neste caso A Coruña.

Pensamos que sería bo facerlles saber que como potenciais clientes nos gustaría desenvolvernos integramente na nosa lingua o que inclúe ver respectada a nosa toponimia. Que esta normalidade pasa por ser atendidos, poder consultar e comprar en galego, ao vivo, a través de catálogo ou no ciberespazo.

Fai que lles conste a túa suxestión enviando este prego.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña: Arquitectura Galega

6.000 €/mes polo conflito do toponimo de A Coruña Imprimir Correo-e
Escrito por minhoca   
Sábado, 19 de Maio do 2007

ImageA Mesa recórdalle aos votantes que Losada gasta do Concello 6.000 € ao mes no conflito xudicial do topónimo. Carlos Callón: “Os coruñeses notan o litixio do topónimo na carteira”. “Isto non ten a ver coa lingua que un fale no seu día a día nin coa forma do topónimo que prefira. É puro sentido común.”

A Coruña, 19 de maio de 2007.- A Mesa pola Normalización Lingüística presentou esta mañá na Coruña unha campaña de información aos veciños e veciñas sobre o malgasto do diñeiro público no litixio municipal polo topónimo. Esta campaña vai contar co soporte de 120.000 folletos, que se difundirán masivamente nos próximos días, “para que aos coruñeses e ás coruñesas non se lles escamotee información antes de exerceren o seu dereito ao voto”, segundo manifestou o presidente da Mesa, Carlos Callón, na presentación desta iniciativa.

A Mesa recorda que “a fobia de Francisco Vázquez e de Javier Losada contra o galego custou, desde 2004, 6.000 € ao mes dos orzamentos municipais para pagar bufetes madrileños de avogados e procuradores”. Segundo os cálculos desta organización cidadá, o litixio da alcaldía coruñesa contra a denominación oficial da cidade acarreou, só en gastos xudiciais, un “dispendio de medio millón de euros”. Case a metade dese diñeiro, arredor de 240.000 euros, foron desembolsados dos orzamentos públicos nos últimos tres anos, pois no 2004 a alcaldía decidiu abrir novos frentes xudiciais contra o uso oficial da forma “A Coruña”, de forma que os custos aumentaron.

Primeiro Francisco Vázquez e despois Javier Losada “negáronse a cumprir a lexislación e as sentenzas firmes das máis altas instancias” e mantiveron litixios abertos pola cuestión do topónimo co Ministerio de Administracións Públicas, a Xunta de Galiza, a Agrupación Cultural O Facho, o Movemento polos Dereitos Civís e A Mesa pola Normalización Lingüística. O Concello nunca gañou nin unha sentenza, mais seguiu presentando eternos recursos, unha e outra vez, co diñeiro de todas e todos.

No material que A Mesa vai distribuír masivamente polos fogares da Coruña indícase: “Vázquez e Losada ríronse da Xustiza mais, sobre todo, ríronse de todas e todos nós. Porque non é só que estes dous alcaldes desobedecesen os tribunais, que é un acto de delincuencia tipificado no Código Penal, senón que tiraron diñeiro que non era deles para facelo”.

A Mesa subliña que “o goberno municipal parece que non ten diñeiro para os empregados públicos, para o asociacionismo xuvenil, para restaurar a cidade vella... mais si que o ten para atacar o galego”. Por iso, a campaña presentada hoxe por este colectivo cidadán baséase no lema “Que mellorarías da túa cidade con medio millón de euros?”, unha cantidade coa que se podería aumentar a calidade de vida de todos os coruñeses e coruñesas.

A cifra do medio millón de euros que presenta A Mesa ten en conta só os gastos vinculados directamente ao litixio xudicial, como avogados e procuradores. A organización considera que “a todo isto habería que sumar unha cifra moi superior, derivada de destinar corpos de seguranza exclusivamente á custodia do L floral durante varios anos, as ordes da alcaldía para cambiar a documentación ou os sinais que estivesen co topónimo oficial, etc."

 
< Ant.   Seg. >

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Dolce Vita 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Solidariedade civil
Campaña: PuntoGal


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com