VariosA discusión normativa da escrita galegaHoxe en dia o tema normativo da escrita galega, ainda que regulamentada e cunha normativa aprobada oficialmente polas nosas institucións, ainda ofrece diferentes visións, debido ó noso devalar historico, e a nosa situación cultural, con respecto ó que é hoxe o Estado Español e o Estado Portugues. Dende a anexión de Galiza ó Reino de Castela, e a independencia do Reino Portugues (seculos XIII e XIV), deuse unha situación historica, que provocou unha xeira de consecuencias que hoxe en dia ainda estamos a resolver. Mentres que no territorio do que seria o Reino de España impoñiase o castelán como única lingua oficial, no Reino Portuges perviviu como lingua oficial, aquela lingua que fora comun nas duas beiras do miño que configuraban o Antergo Reino de Galiza, ou sexa, o que hoxe coñecemos como galego-portuges. Durante moitos seculos o emprego do galego nos documentos oficiais, e nos diferentes estamentos administrativos, foi proibido, sufrindo asi, unha presión e un esquecemento por parte das chamadas clases 'cultas', pero subsistindo no pobo como lingua de comunicación oral habitual. A finais do seculo XVIII crease un movemento romantico, debido ó esquecemento e discriminación que estaba a sofrer a nosa terra por parte do Estado Español, e que comezou a revindicar a Galiza como nación, e ó idioma que pervivira no pobo, como lingua propia de Galiza, pero, descoñecendo en principio, os seus orixes. Este movemento chamado 'o rexurdimento', tivo como percusores, membros de estamentos sociais que pertencian á burguesia galega, e foran educados no idioma castelán, polo que as normas ortográficas que eles coñecian eran do castelán. Este feito, e mailo descoñecemento por parte dos membros do rexurdir galego da, verdadeira historia de Galiza, tiveron como consecuencia, que a representación escrita da fala que eles estaban a recuperar, fora tomada do castelán (eles aprenderan a escrebir neste idioma, e nas suas reglas ortográficas). A laboura destes galegos ilustres deu como resultado o inicio dunha nova epoca onde o galego voltaba a empregarse como lingua escrita, pero facendo un esforzo de adaptación dos rexistros orais a rexistros escritos. Mais adiante é cando se vai recuperando a memoria histórica do noso pobo, e cando os estudosos descubren que o galego e mais o portugues foron nunha época unha lingua común. A época da dictadura supuxo unha ruptura no proceso de normalización da nosa lingua, e tamén no proceso de recoñecemento da nosa situación cultural diferenciada, coartando e proibindo unha vez mais todo aquelo que fora en contra da cultura oficial uniformadora que se queria impoñer en todo o territorio do Estado Español, e que nalguns sitios, como no noso pais, supoñia tentar meter un triangulo no sitio dun cuadrado. Unha vez que remata a dictadura, e que se establece o actual panorama politico-territorial de Autonomias no Estado Español, dotase de instrumentos institucionais de autogoberno a Galiza, podendo asi retomar de novo ese proceso de normalización linguistica que se rompera coa chegada do Franquismo. Neste momento existen duas correntes claramente diferenciadas : unha que propon que se adopte como norma escrita aquela que desenvolveron os escritores que recuperaron a nosa lingua dende o 'rexurdimento' ; e aqueles outros que avogan por un achegamento ó portugues, xa que, segundo eles, foi a forma do idioma que se desenvolveu en liberdade, ou sexa sen ningun tipo de opresión forzosa. As competencias linguisticas recaeron en duas institucións que foron a Real Academia Galega, e o Instituto da Lingua Galega, que adoptaron despois dun proceso moi discutido unha norma que coincidiu coa opción daqueles que defendian que se recollera como normativa os resultados do desenvolvido ata o de agora dende o rexurdimento. Aqueles que defendian a opción de achegamento á normativa portuguesa, sentironse traizoados, provocandose asi unha ruptura que é a que subsiste hoxe en dia. Na Ciberirmandade da Fala existen membros que defenden unha 'postura' e maila outra, pero o espiritu da Ciberirmandade e que por fin se chegue a un acordo 'racional' entre todas as correntes existentes e que permita que todos nos xuntemos arredor da nosa causa común, ou sexa, reestablecer a nosa lingua de todas as eivas que tivo que sofrir durante moitos seculos. Como teña que ser este acordo ou as medidas que se deban de tomar escapa os nosos obxectivos, pero o que si queremos é dar a coñecer os argumentos que esgrimen aquelas correntes que existen hoxe en dia con respecto á nosa lingua, supoñendo que, como en todo proceso de discusión onde hai diferentes posturas claramente enfrentadas, existen normalmente argumentos validos e erroneos en todas elas, cumprindo un proceso de achegamento onde se deixen no camiño posturas ferreas (tanto duns coma doutros) que impidan dito proceso. Imos definir as duas teses actuais como "Oficialista", a que engloba a aqueles membros que avogan pola postura adoptada pola R.A.G. e o I.L.G., e "reintegracionista", aqueles que defenden posturas de achegamento de cara a norma escrita Portuguesa.
|