|
Problemas no web da CIF: retiramos as sindicacións |
|
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Martes, 29 de Maio do 2007 |
|
Nestes días retiramos as sindicacións que permitían aos visitantes da CiberIrmandade, ler os titulares doutros webs dende o noso. Durante as últimas semanas puidemos observar como o web da CIF ía excesivamente de vagar. Era algo habitual que o web tardase 30 segundos en comezar a cargar e, en demasiadas ocasións, ficaba baleira.
Por fin descubriuse a causa: as sindicacións que publicamos no noso web estaban a motivar unha excesiva demora na carga, producindo numerosos erros por exceso de tempo. Xa que logo, non quedou outra que retirar as sindicacións. Tan so mantivemos a de Fala Ceive que, por estar na mesma hospedaxe que a nosa, non produce interferencia algunha. Tentaremos atopar unha solución a este problema. Mentres, pregamos disculpas. |