Luns, 01 de Decembro do 2008
 
  Inicio arrow Novas CiberIrmandade arrow Salvat-Bruño "se lo está estudiando"  
Obxetivo. Dolce Vita (19.09.2008)

Dolce Vita é a marca dun Grupo de Centros Comerciais portugueses con presenza en toda Península Ibérica e pretende instalarse en breve na Coruña. Din que na súa filosofía está saber “ser locais” e “entender a cultura e necesidades da sociedade coa que conviven” mais esta filosofía parece excluír o idioma galego como vehículo de comunicación e comercio así como obviar a toponimia correcta do lugar onde se van asentar, neste caso A Coruña.

Pensamos que sería bo facerlles saber que como potenciais clientes nos gustaría desenvolvernos integramente na nosa lingua o que inclúe ver respectada a nosa toponimia. Que esta normalidade pasa por ser atendidos, poder consultar e comprar en galego, ao vivo, a través de catálogo ou no ciberespazo.

Fai que lles conste a túa suxestión enviando este prego.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña: Arquitectura Galega

Salvat-Bruño "se lo está estudiando" Imprimir Correo-e
Escrito por ferreira   
Mércores, 30 de Maio do 2007

Salvat-Bruño, a editorial responsábel da non publicación das aventuras de Astérix no noso idioma ten unha curiosa reacción ás campañas que tanto a Ciberirmandade como outros colectivos vimos facendo desde hai xa tempo: "Lo estamos estudiando. Muchas Gracias".

Tras a negativa reacción ás máis de 11.000 sinaturas que reclamaban que o heroe galo fale na nosa lingua, enviadas polo alumnado galego grazas á campaña da Mocidade d'A Mesa pola Normalización Lingüística, responden á última campaña da CiberIrmandade cun estenso e amábel correo que non deixa lugar a dúbidas sobre o seu interese neste tema:

Lo estamos estudiando,
Muchas gracias,
Grupo Editorial Bruño, S.L.

Axúdalles a pensalo ben enviándolles a túa opinión .

 
< Ant.   Seg. >

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Dolce Vita 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Solidariedade civil
Campaña: Apoiamos a Isaac Diaz Pardo


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com