Martes, 07 de Outubro do 2008
 
  Inicio arrow Novas de usuarios/as arrow A Mesa asesora ao pobo mapuche para a normalización e recuperación da súa lingua, o mapuzugun  
Obxetivo. Dolce Vita (19.09.2008)

Dolce Vita é a marca dun Grupo de Centros Comerciais portugueses con presenza en toda Península Ibérica e pretende instalarse en breve na Coruña. Din que na súa filosofía está saber “ser locais” e “entender a cultura e necesidades da sociedade coa que conviven” mais esta filosofía parece excluír o idioma galego como vehículo de comunicación e comercio así como obviar a toponimia correcta do lugar onde se van asentar, neste caso A Coruña.

Pensamos que sería bo facerlles saber que como potenciais clientes nos gustaría desenvolvernos integramente na nosa lingua o que inclúe ver respectada a nosa toponimia. Que esta normalidade pasa por ser atendidos, poder consultar e comprar en galego, ao vivo, a través de catálogo ou no ciberespazo.

Fai que lles conste a túa suxestión enviando este prego.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña:

A Mesa asesora ao pobo mapuche para a normalización e recuperación da súa lingua, o mapuzugun Imprimir Correo-e
Escrito por minhoca   
Sábado, 02 de Xuño do 2007

ImageA Mesa pola Normalización Lingüística está a asesorar ao pobo mapuche na recuperación da súa lingua, o mapuzugun, presente nos estados chileno e arxentino. Froito desta colaboración, Celeste Carilao, do partido mapuche Wallmapuwen, está a visitar a Galiza desde o pasado 31 de maio e até mañá, recollendo toda a información posíbel sobre o caso galego.

O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, que asegurou esta mañá en conferencia de imprensa que a súa organización se congratula de ser “tomada como un referente internacional”, explicou que, tanto no caso galego como no do pobo mapuche, “falamos dun pobo negado cunha lingua negada”.

Pola súa banda, Celeste Carilao, que antes de pasar por Galiza visitou Bretaña e Euskal Herria, analizou a situación actual da súa lingua, que se calcula que actualmente falan arredor de cen mil persoas, aínda que, asegurou, “non existe un estudo rigoroso ao respecto”. Carilao explicou que tampouco hai polo momento unha normativa para o mapuzugun, un idioma cunha dificultade engadida: os seus falantes divídense en dous estados, Arxentina e Chile. En Chile, de onde procede Celeste Carilao, o estado trata de impulsar a educación básica intercultural bilingüe, pero, na opinión da representante mapuche, ensínase a cultura xeral do seu pobo pero só dunha forma “moi folclorizada”.

Carilao expresou a súa intención de continuar unha relación fluída coa Mesa e con Galiza, un exemplo escollido porque “tamén se trata dunha lingua minorizada que se atopa nun momento máis avanzado de recuperación”. Na súa visita, Celeste Carilao tivo a oportunidade de coñecer a estrutura interna da Mesa e a súa forma de organización, así como precedentes históricos como as Irmandades da Fala. Tamén coñeceu outras organizacións como a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) e tivo ocasión de reunirse con expertos como Xosé Ramón Freixeiro Mato.

A revista Longa Lingua, editada pola Mesa, inclúe no último número, que acaba de saír á rúa, un análise en profundidade sobre a situación da lingua mapuche realizado por Víctor Naguil, responsábel de relacións internacionais do partido Wallmapuwen.

NOTA: Pódense concertar entrevistas con Celeste Carilao no teléfono 629017474

 
< Ant.   Seg. >

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Dolce Vita 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Solidariedade civil
Campaña: SOS Mourela


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com