Luns, 01 de Decembro do 2008
 
  Inicio arrow Novas CiberIrmandade arrow phpBB3 en galego. Dia límite: 10 de xuño  
Obxetivo. Dolce Vita (19.09.2008)

Dolce Vita é a marca dun Grupo de Centros Comerciais portugueses con presenza en toda Península Ibérica e pretende instalarse en breve na Coruña. Din que na súa filosofía está saber “ser locais” e “entender a cultura e necesidades da sociedade coa que conviven” mais esta filosofía parece excluír o idioma galego como vehículo de comunicación e comercio así como obviar a toponimia correcta do lugar onde se van asentar, neste caso A Coruña.

Pensamos que sería bo facerlles saber que como potenciais clientes nos gustaría desenvolvernos integramente na nosa lingua o que inclúe ver respectada a nosa toponimia. Que esta normalidade pasa por ser atendidos, poder consultar e comprar en galego, ao vivo, a través de catálogo ou no ciberespazo.

Fai que lles conste a túa suxestión enviando este prego.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña: Dimensiona

phpBB3 en galego. Dia límite: 10 de xuño Imprimir Correo-e
Escrito por minhoca   
Luns, 04 de Xuño do 2007

O domingo, día 10 de xuño, os responsabeis do phpBB3, popular sistema de foros (ver foros da CiberIrmandade ), van facer unha limpa de tódolos paquetes de idioma "sobrantes" do que hai agora como descárregas dispoñibeis no web oficial. A data límite para envia-la tradución completa é o domingo día 10 ás 12 do mediodía, e a nosa lingua ten que estar aí. Axúdanos. 

Aínda que hai opcións de que admitan unha versión incompleta, previa coprobación e valoración do estado da mesma, queremos que a nosa lingua estea dispoñibel dende o primeiro día, para o que precisamos axuda para revisar erros e traducir algunha cousa pendente.

A CiberIrmandade da Fala, responsábel oficial da localización en galego deste popular sistema de foros, ten unha versión operativa fruto dun traballo colaborativo no traduCIF . Esta primeira versión está nun proceso de revisión, e a iso podes axudar.

Convidamosche a que fedelles canto poidas e informes dos erros e incongruencias que atopes.

Usa ese fio dos foros para informar de todo o que consideres, traducir algunha cousa pendente, avisar de erros, ..

 
< Ant.   Seg. >

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Dolce Vita 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Solidariedade civil
Campaña: Foro Social Galego


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com