|
O PuntoGal supera as 6.000 adhesións individuais |
|
|
|
Escrito por Kiko das Leiras
|
|
Venres, 08 de Xuño do 2007 |
|
A campaña de recollida de sinaturas individuais para respaldar a iniciativa da Asociación PuntoGal non deixa de medrar. Desde que se iniciou a campaña de procura de apoios individuais para PuntoGal, o 17 de xaneiro de 2007, son xa máis de 6.000 as persoas que coa súa sinatura apoian a reivindicación dun dominio propio para a lingua e a cultura galegas. En cinco meses, no rexistro de sinaturas individuais figuran 6.046 entradas o que significa unha chegada constante de apoios.
Despois dunha primeira etapa de procura de apois de máis institucións, colectivos e asociacións, abriuse a opción de que cada quen asine, de maneira individual, para deixar constancia do seu apoio á proposta da Asociación PuntoGal. Deixar a sinatura é moi sinxelo: premendo na ligazón 'Anotarse', que se atopa dentro da sección de 'Apoios Individuais', aparece un formulario do que, unha vez cuberto, só se amosarán na páxina o nome e apelidos da persoa apoiante. Asina dende eiquí: http://www.puntogal.org/web/index.php?option=com_easybook&Itemid=52&func=sign Nova colada dende: http://www.puntogal.org/web/ |