Luns, 01 de Decembro do 2008
 
  Inicio  
Obxetivo. Dolce Vita (19.09.2008)

Dolce Vita é a marca dun Grupo de Centros Comerciais portugueses con presenza en toda Península Ibérica e pretende instalarse en breve na Coruña. Din que na súa filosofía está saber “ser locais” e “entender a cultura e necesidades da sociedade coa que conviven” mais esta filosofía parece excluír o idioma galego como vehículo de comunicación e comercio así como obviar a toponimia correcta do lugar onde se van asentar, neste caso A Coruña.

Pensamos que sería bo facerlles saber que como potenciais clientes nos gustaría desenvolvernos integramente na nosa lingua o que inclúe ver respectada a nosa toponimia. Que esta normalidade pasa por ser atendidos, poder consultar e comprar en galego, ao vivo, a través de catálogo ou no ciberespazo.

Fai que lles conste a túa suxestión enviando este prego.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña: Arquitectura Galega
Estado das traducións
Na Galería

Últimas Descargas
Paquete de idioma galego para o phpBB 3.0.3
!JoomlaComment 3.23
Paquete de idioma galego para o phpBB 3.0.2
Joomla! 1.5.2 Tradución ao galego do Panel de Control (administración)
Ó Chou:
Tradución ao galego do ZoomGallery 2.5 (antigo)
phpBB2: Iconos de instalacion basica en galego
Ligazóns ó Chou
Catoira 
Gastronomía galega 
Iniciación ao galego da consellaria de educación (PDF) 
Nova Fantasia 
Lista de ligazóns
Engadir ligazón
Recoméndanos
O teu nome:

* O teu correo-e: 

* O correo-e do teu amigo: 

Mensaxe curta: 

Favoritos

Fainos a túa páxina de inicio (só Internet Explorer)
Quén está conectado?
Temos 1 membro conectados
Inicio da sesión





Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes conta?
Crea unha aquí
Troco de Bandeiras

O Galego e as oposicións Imprimir Correo-e
Escrito por minhoca   
Martes, 12 de Xuño do 2007

ImageLongaLingua, publicación galega sobre lingua e sociedade, editada pola Mesa pola Normalización Lingüística, faise eco de dous exemplos do menosprezo que, dunha banda a xudicatura, e doutra a administración, teñen cara nosa lingua. Son o caso dunha oposición do Hospital do Salnés no que non se ofreceu o texto en galego e o caso da anulación dunha oposición do Concello de Carballo por ser o exáme de galego eliminatorio.

Sen exames en galego nunhas oposicións do Hospital do Salnés

Nuns exames das oposicións para as prazas de médicos celebrados recentemente na Fundación Pública Hospital do Salnés só se distribuíu o texto das probas en castelán. Cando algún dos opositores solicitou ter a versión na nosa lingua, encontrouse coa sorpresa de que non a había.

Para A Mesa pola Normalización Lingüística, "esta discriminación vulnera os mínimos máis elementais de cooficialidade do galego". Esta entidade cidadá considera que "esta exclusión pon en evidencia, máis unha vez, a lastimosa situación do noso idioma na sanidade, cuxa competencia detenta a Administración galega".

Por esa razón, o presidente desta organización, Carlos Callón, dirixiuse á conselleira de Sanidade, María José Rubio, para reclamarlle solucións. Callón recorda a "boa receptividade mostrada por esta conselleira na primeira entrevista que mantivo con dirixentes da Mesa", mais úrxea a "activar as medidas que o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, aprobado unanimemente polo Parlamento galego, sinala para a área que vostede dirixe".

A Mesa considera que o Goberno galego debe pór os medios para "romper cos hábitos diglósicos que fan que moita xente galegofalante se sinta cohibida para usar a súa propia lingua cando vai ao médico". Insisten en que a gravidade desta situación é maior debido a que a maioría da poboación galega que precisa atención sanitaria é galegofalante. 

Anulan unha oposición en que o exame de galego era eliminatorio

O xulgado do Contencioso-administrativo número un da Coruña decretou a supresión dun concurso-oposición convocado polo Concello de Carballo para a selección dun asesor urbanístico. O Partido Popular presentara un recurso contra as bases das probas alegando que o feito de que o exercicio de lingua galega fose eliminatorio supuña discriminación.

Os populares baseáronse nun informe do secretario municipal que deixaba ver unha posíbel "desviación de poder", ao consideraren que o sistema escollido polo goberno local pretendía discriminar uns candidatos e premiar méritos doutros.

Segundo o PP de Carballo, o feito de que a proba de galego fose decisiva deixaba moitos aspirantes fóra.

O alcalde carballés, Evencio Ferrero, lembrou que as bases foran redactadas a proposta do Partido Popular e que o Concello xa suspendera as probas antes do auto do xulgado.

Fonte: A Mesa pola Normalización Lingüística . LongaLingua número 4-maio 2007

 
< Ant.   Seg. >

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Dolce Vita 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Solidariedade civil
Campaña: Apoiamos a Isaac Diaz Pardo
Obxectivos dende...


Quérelo no teu web?

nemeth
Res Retica
O Recuncho
Xián Baby Web
Adiante (Mocidade Revolucionaria Galega)
Aldea de Coro
Ghastas Pista?
Verbas
A Ceibaría
O Reverso
Galego de seu
Remexer na lingua
xulinho.tk
toponímia galego-portuguesa e brasileira
Sindícanos


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com