|
Preparando Ubuntu 7.10 en galego |
|
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Martes, 12 de Xuño do 2007 |
|
Acabase de anunciar a apertura do proceso de tradución de Ubuntu 7.10 ("Gutsy"). A páxina para as traducións ao galego están nesta ligazón . Na información recibida anúnciase que vai existir de novo o "Daily language pack", un repositorio de onde se podan descargar os paquetes de idioma actualizados ao día (coas traducións que estean na interface web). Deste xeito os tradutores poden ver como queda o seu traballo na aplicación final.
|