Luns, 01 de Decembro do 2008
 
  Inicio arrow Novas CiberIrmandade arrow Foros phpBB3, dispoñibeis en galego oficialmente  
Obxetivo. Dolce Vita (19.09.2008)

Dolce Vita é a marca dun Grupo de Centros Comerciais portugueses con presenza en toda Península Ibérica e pretende instalarse en breve na Coruña. Din que na súa filosofía está saber “ser locais” e “entender a cultura e necesidades da sociedade coa que conviven” mais esta filosofía parece excluír o idioma galego como vehículo de comunicación e comercio así como obviar a toponimia correcta do lugar onde se van asentar, neste caso A Coruña.

Pensamos que sería bo facerlles saber que como potenciais clientes nos gustaría desenvolvernos integramente na nosa lingua o que inclúe ver respectada a nosa toponimia. Que esta normalidade pasa por ser atendidos, poder consultar e comprar en galego, ao vivo, a través de catálogo ou no ciberespazo.

Fai que lles conste a túa suxestión enviando este prego.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña: Dimensiona

Foros phpBB3, dispoñibeis en galego oficialmente Imprimir Correo-e
Escrito por minhoca   
Mércores, 13 de Xuño do 2007

Despois de meses de trabalho anunciamos o lanzamento da versión oficial dos foros phpBB3 en galego. Isto non sería posíbel sen os moitos voluntarios e voluntarias que colaboraron desinteresadamente nesta tarefa. Máis de 4500 liñas de código traducidas e corrixidas ademais de comprobadas nunha instalación de probas. A isto hai que engadirlle o traballo feito con outros moitos textos fóra do código, a dispoñibilidade de imaxes traducidas, e todo o labor de comunicación realizado entre os programadores do proxecto e a CiberIrmandade.

Grazas a todo isto a lingua galega dispón dunha ferramenta na rede, antes que outros idiomas como o espanhol, inglés (británico), catalán, holandés ...devolvéndolhe un chisco máis da dignidade perdida por mor da longa noite de pedra na que ás veces parece que seguimos mergulhados.

Agora, no tempo que pase entre a actual versión RC1 de phpBB3 (versión candidata 1), e a dispoñibilidade da versión definitiva, vamos revisar todo novamente e estandarizar as posibeis diverxencias de estilo. E para elo tamén te convidamos a participar.

Grazas a todos e a todas.

 
< Ant.   Seg. >

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Dolce Vita 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Solidariedade civil
Campaña: Salvemos Monteferro


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com