Luns, 01 de Decembro do 2008
 
  Inicio  
Obxetivo. Dolce Vita (19.09.2008)

Dolce Vita é a marca dun Grupo de Centros Comerciais portugueses con presenza en toda Península Ibérica e pretende instalarse en breve na Coruña. Din que na súa filosofía está saber “ser locais” e “entender a cultura e necesidades da sociedade coa que conviven” mais esta filosofía parece excluír o idioma galego como vehículo de comunicación e comercio así como obviar a toponimia correcta do lugar onde se van asentar, neste caso A Coruña.

Pensamos que sería bo facerlles saber que como potenciais clientes nos gustaría desenvolvernos integramente na nosa lingua o que inclúe ver respectada a nosa toponimia. Que esta normalidade pasa por ser atendidos, poder consultar e comprar en galego, ao vivo, a través de catálogo ou no ciberespazo.

Fai que lles conste a túa suxestión enviando este prego.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña: Dimensiona
Estado das traducións
Na Galería

Últimas Descargas
Paquete de idioma galego para o phpBB 3.0.3
!JoomlaComment 3.23
Paquete de idioma galego para o phpBB 3.0.2
Joomla! 1.5.2 Tradución ao galego do Panel de Control (administración)
Ó Chou:
Paquete de idioma galego para o Dokuwiki (v. 2007-06-26b)
Paquete de idioma galego para o phpBB 3.0.1
Ligazóns ó Chou
Consello da Avogacía Galega 
Edugaliza 
O Recuncho 
anabam 
Lista de ligazóns
Engadir ligazón
Recoméndanos
O teu nome:

* O teu correo-e: 

* O correo-e do teu amigo: 

Mensaxe curta: 

Favoritos

Fainos a túa páxina de inicio (só Internet Explorer)
Quén está conectado?
Temos 1 convidado conectados
Inicio da sesión





Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes conta?
Crea unha aquí
Troco de Bandeiras

Unha pediatra do Hospital Modelo da Coruña obriga os nenos a non falarlle galego na consulta Imprimir Correo-e
Escrito por Kiko das Leiras   
Martes, 19 de Xuño do 2007

A MESAA Mesa denuncia a desprotección dos pacientes perante este tipo de situacións na sanidade privada. A Mesa pola Normalización Lingüística tivo coñecemento dun novo caso de grave discriminación por razón da lingua empregada. A denunciante foi unha muller que acudiu con seu fillo, un rapaz de 13 anos, a unha consulta pediátrica ordinaria no Hospital Modelo da cidade da Coruña, de titularidade privada. Esta cidadá non puido saír do seu asombro cando presenciou como a médica lle exixía ao rapaz “que se dirixise a ela en castelán” visibelmente alterada e con moi maos modos.

Tanto a nai afectada como o seu fillo son galegofalantes habituais e non era a primeira vez que acudían a unha consulta neste centro médico, ao que van a través dunha mutua que ten convenio con MUFACE, polo que se sentiron “moi abraiados” pola actitude da doutora.

A cidadá que informou destes feitos á Mesa pola Normalización Lingüística manifestou sentirse “profundamente vexada” e, alén do máis, “claramente desprotexida polas administracións”, máis ao darse este caso no ámbito da sanidade privada. Non sabendo ben que facer perante un caso así, “dirixinme á Mesa como único recurso e presentei unha reclamación individual polo trato que recibimos meu fillo e mais eu”, explicoulle á asociación.

A Mesa, por súa parte, dirixiuse xa tanto á dirección do Hospital Modelo como á dirección provincial do MUFACE na Coruña e á Secretaria Xeral de Política Lingüística para lles dar conta da situación e demandarlles “algún tipo de resposta ou solución”. A asociación en defensa do idioma considera “imprensentábel que nestes tempos se sigan a producir este tipo de situacións”, mais lembra que “con toda certeza son moito máis frecuentes do que pode parecer” e considera que soamente “mediante a súa constante denuncia púbica é posíbel pórlles fin”.

 Deixa a túa opinión no noso debate nos foros

http://www.ciberirmandade.org/foros/viewtopic.php?t=2248

Teléfono do centro hospitalario 981 21 66 77

enderezo electrónico:   Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver  

 Nos foros temos un módelo de prego preparado para o seu envío

CiberIrmandade da Fala

 
< Ant.   Seg. >

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Dolce Vita 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Solidariedade civil
Campaña: PuntoGal
Obxectivos dende...


Quérelo no teu web?

nemeth
Res Retica
O Recuncho
Xián Baby Web
Adiante (Mocidade Revolucionaria Galega)
Aldea de Coro
Ghastas Pista?
Verbas
A Ceibaría
O Reverso
Galego de seu
Remexer na lingua
xulinho.tk
toponímia galego-portuguesa e brasileira
Sindícanos


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com