Luns, 01 de Decembro do 2008
 
  Inicio  
Obxetivo. Dolce Vita (19.09.2008)

Dolce Vita é a marca dun Grupo de Centros Comerciais portugueses con presenza en toda Península Ibérica e pretende instalarse en breve na Coruña. Din que na súa filosofía está saber “ser locais” e “entender a cultura e necesidades da sociedade coa que conviven” mais esta filosofía parece excluír o idioma galego como vehículo de comunicación e comercio así como obviar a toponimia correcta do lugar onde se van asentar, neste caso A Coruña.

Pensamos que sería bo facerlles saber que como potenciais clientes nos gustaría desenvolvernos integramente na nosa lingua o que inclúe ver respectada a nosa toponimia. Que esta normalidade pasa por ser atendidos, poder consultar e comprar en galego, ao vivo, a través de catálogo ou no ciberespazo.

Fai que lles conste a túa suxestión enviando este prego.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña:
Estado das traducións
Na Galería

Últimas Descargas
Paquete de idioma galego para o phpBB 3.0.3
!JoomlaComment 3.23
Paquete de idioma galego para o phpBB 3.0.2
Joomla! 1.5.2 Tradución ao galego do Panel de Control (administración)
Ó Chou:
Actualización da versión 2.0.20 ou 21 á 2.0.22
Advanced User Search 1.0.2
Ligazóns ó Chou
AGNIX 
Portal Galizacelta.com 
Radio Piratona 106.0 FM 
blogalego.com 
Lista de ligazóns
Engadir ligazón
Recoméndanos
O teu nome:

* O teu correo-e: 

* O correo-e do teu amigo: 

Mensaxe curta: 

Favoritos

Fainos a túa páxina de inicio (só Internet Explorer)
Quén está conectado?
Temos 1 membro conectados
Inicio da sesión





Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes conta?
Crea unha aquí
Troco de Bandeiras

Shrek Terceiro non se estreará en galego porque Política Lingüística non xestionou a súa dobraxe Imprimir Correo-e
Escrito por minhoca   
Xoves, 21 de Xuño do 2007

ImageAs Mocidades da Mesa pola Normalización Lingüística denuncian que non será posíbel ver en galego o filme Shrek Terceiro, unha das estreas de animación máis esperadas do ano que mañá chega ás salas de todo o país. Mentres, en Catalunya Shrek e a súa dona Fiona falarán en catalán con toda normalidade: será grazas á campaña “Dóna corda al cinema en catalá”, impulsada pola secretaría de Política Lingüística da Generalitat.

O responsábel nacional da Mocidade pola Normalización Lingüística, Fran Rei, apunta que “se aquí a nova entrega de Shrek non se estrea en galego é debido ao desinterese da Secretaría Xeral de Política Lingüística, que non negociou coa distribuidora, Universal, a dobraxe para o noso idioma”.

“En dous anos a Secretaría Xeral non moveu aínda un só dedo para garantir o cumprimento do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega no tocante ao cinema”, sinala o dirixente da sección xuvenil da Mesa.

No devandito plan, aprobado por unanimidade polo Parlamento de Galiza en 2004, especifícase que se promoverá “a dobraxe ao galego de polo menos 10 filmes anuais, de entre os que presenten maiores expectativas comerciais”. Para as Mocidades da Mesa “Shrek Terceiro estaría claramente entre eses filmes”.

A sección xuvenil da asociación en defensa do idioma lamenta profundamente que se manteña ano tras ano “unha situación que non é nova”, como é a total ausencia da nosa lingua dun ámbito socialmente tan importante como o cinematográfico; situación que segundo indican desde o colectivo “ten responsábeis directos con nomes e apelidos”.

A Mocidade pola Normalización Lingüística, que mantén activada no tempo unha campaña de denuncia pública perante a nula oferta de cinema en galego, moi nomeadamente no dirixido ao público infantil e xuvenil, lembra que o Ministerio de Industria concede á Generalitat de Catalunya 1.420.000 euros exclusivos para dobraxe e lexendaxe ao catalán de fitas e DVD para a súa distribución comercial. A Mesa reclamou xa hai varios meses que o Goberno galego negociase unha cantidade semellante para a nosa lingua.

 
< Ant.   Seg. >

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Dolce Vita 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Solidariedade civil
Campaña: Foro Social Galego
Obxectivos dende...


Quérelo no teu web?

nemeth
Res Retica
O Recuncho
Xián Baby Web
Adiante (Mocidade Revolucionaria Galega)
Aldea de Coro
Ghastas Pista?
Verbas
A Ceibaría
O Reverso
Galego de seu
Remexer na lingua
xulinho.tk
toponímia galego-portuguesa e brasileira
Sindícanos


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com