Luns, 01 de Decembro do 2008
 
  Inicio  
Obxetivo. Dolce Vita (19.09.2008)

Dolce Vita é a marca dun Grupo de Centros Comerciais portugueses con presenza en toda Península Ibérica e pretende instalarse en breve na Coruña. Din que na súa filosofía está saber “ser locais” e “entender a cultura e necesidades da sociedade coa que conviven” mais esta filosofía parece excluír o idioma galego como vehículo de comunicación e comercio así como obviar a toponimia correcta do lugar onde se van asentar, neste caso A Coruña.

Pensamos que sería bo facerlles saber que como potenciais clientes nos gustaría desenvolvernos integramente na nosa lingua o que inclúe ver respectada a nosa toponimia. Que esta normalidade pasa por ser atendidos, poder consultar e comprar en galego, ao vivo, a través de catálogo ou no ciberespazo.

Fai que lles conste a túa suxestión enviando este prego.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña: Dimensiona
Estado das traducións
Na Galería

Últimas Descargas
Paquete de idioma galego para o phpBB 3.0.3
!JoomlaComment 3.23
Paquete de idioma galego para o phpBB 3.0.2
Joomla! 1.5.2 Tradución ao galego do Panel de Control (administración)
Ó Chou:
phpBB 3.0.x: Paquete de imaxes en galego para a Subsilver 2
Auto Lang Mod 1.1.1 (Galego)
Ligazóns ó Chou
Edugaliza 
O muiñeiro do tempo 
anabam 
kaka's blog 
Lista de ligazóns
Engadir ligazón
Recoméndanos
O teu nome:

* O teu correo-e: 

* O correo-e do teu amigo: 

Mensaxe curta: 

Favoritos

Fainos a túa páxina de inicio (só Internet Explorer)
Quén está conectado?
Temos 1 convidado conectados
Inicio da sesión





Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes conta?
Crea unha aquí
Troco de Bandeiras

O Concello de Tui utiliza só o castelán nas sinalizacións turísticas Imprimir Correo-e
Escrito por Kiko das Leiras   
Luns, 25 de Xuño do 2007

Comezaron a instalarse en distintos puntos senlleiros da vila sinais rotulados unicamente en castelán. O goberno municipal xustificou a escolla “para que entendan a cartelaría os moitos visitantes portugueses que veñen de visita”. A sinalización con información turística que dende hai unhas semanas se vén instalando en distintos puntos senlleiros do casco vello tudense aparece exclusivamente en castelán, segundo denuncian os socios e socias da Mesa do grupo comarcal do Baixo Miño, que recordan que non é o primeiro caso de exclusión da lingua galega por parte do Concello de Tui.

 Fontes do grupo municipal de goberno xustificaron a escolla do castelán como única lingua de referencia para a sinaléctica turística por causa “de lles facilitar a comprensión aos moitos visitantes portugueses que Tui recibe ao longo do ano”. Un argumento surrealista que para A Mesa evidencia “o concepto de lingua e normalidade dos gobernantes tudenses”.

A Mesa, que considera que o Concello de Tui “non foi até o momento unha institución precisamente exemplar en canto ao uso e promoción do galego”, coida que a nova sinaléctica instalada non responde “á legalidade vixente, que marca a plena oficialidade da lingua galega na súa propia terra” e é por iso que exixe á administración municipal a inmediata substitución da cartelaría xa colocada por outra “que non invisibilice a nosa lingua propia”.

Para a asociación en defensa do idioma este é “unha parte substancial e insustituíbel do patrimonio das galegas e galegos” e, así mesmo, “un atractivo importantísimo” que pode e debe xogar un papel moi activo e positivo no desenvolvemento da actividade turística. “As e os visitantes que veñen a Tui saben que veñen a Galiza e queren algo diferente”, din desde A Mesa do Baixo Miño. “Que non semelle que estás a pasear por Tui como se isto non fose unha vila galega”, acrecentan.

Nos foros ca CiberIrmandade da Fala

 
< Ant.   Seg. >

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Dolce Vita 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Solidariedade civil
Campaña: Foro Social Galego
Obxectivos dende...


Quérelo no teu web?

nemeth
Res Retica
O Recuncho
Xián Baby Web
Adiante (Mocidade Revolucionaria Galega)
Aldea de Coro
Ghastas Pista?
Verbas
A Ceibaría
O Reverso
Galego de seu
Remexer na lingua
xulinho.tk
toponímia galego-portuguesa e brasileira
Sindícanos


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com