|
Planta de Gas. O Salario do Silencio |
|
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Luns, 25 de Xuño do 2007 |
|
Asociación pola Defensa da Ría . O vindeiro XOVES 28 ÁS 20,30 H no Salón de Actos de Belas Artes, terá lugar a estrea en Pontevedra do documental "O SALARIO DO SILENCIO" que recolle a problemática da planta regasificadora de REGANOSA na Ría do Ferrol así como da loita pola defensa da Ría e contra da súa presencia. Farán a presentación do documental ENRIQUE BANET, director de fotografía e realizador de televisión, que se encargou da dirección, guión, cámara e edición deste traballo, e MABEL RIVERA, coñecida actriz, que se ocupou da documentación, produción executiva e da voz en off deste documental.

Agardamos a túa presencia e agradecemos que fagas chegar esta información a cantas persoas poidas. A solidariedade desde Pontevedra cunha loita como a que a xente do mar da Ría do Ferrol está a desenvolver contra REGANOSA é absolutamente necesaria para axudar a rachar con ese silencio que envolve á instalación de tantos e tantos proxectos industriais ou urbanísticos no noso país. Nos foros da CiberIrmandade . |