Luns, 01 de Decembro do 2008
 
  Inicio  
Obxetivo. Dolce Vita (19.09.2008)

Dolce Vita é a marca dun Grupo de Centros Comerciais portugueses con presenza en toda Península Ibérica e pretende instalarse en breve na Coruña. Din que na súa filosofía está saber “ser locais” e “entender a cultura e necesidades da sociedade coa que conviven” mais esta filosofía parece excluír o idioma galego como vehículo de comunicación e comercio así como obviar a toponimia correcta do lugar onde se van asentar, neste caso A Coruña.

Pensamos que sería bo facerlles saber que como potenciais clientes nos gustaría desenvolvernos integramente na nosa lingua o que inclúe ver respectada a nosa toponimia. Que esta normalidade pasa por ser atendidos, poder consultar e comprar en galego, ao vivo, a través de catálogo ou no ciberespazo.

Fai que lles conste a túa suxestión enviando este prego.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña:
Estado das traducións
Na Galería

Últimas Descargas
Paquete de idioma galego para o phpBB 3.0.3
!JoomlaComment 3.23
Paquete de idioma galego para o phpBB 3.0.2
Joomla! 1.5.2 Tradución ao galego do Panel de Control (administración)
Ó Chou:
Paquete de idioma galego para o phpBB 2.0.22
A lingua galega. De onde vimos e a onde vamos
Ligazóns ó Chou
Colectivo de Cibergaleg@s Unid@s 
Comando Celta 
O web de Carlos García Amigo e Chelicia 
Vieiros 
Lista de ligazóns
Engadir ligazón
Recoméndanos
O teu nome:

* O teu correo-e: 

* O correo-e do teu amigo: 

Mensaxe curta: 

Favoritos

Fainos a túa páxina de inicio (só Internet Explorer)
Quén está conectado?
Temos 1 convidado conectados
Inicio da sesión





Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes conta?
Crea unha aquí
Troco de Bandeiras

O eurobarómetro inclúe o catalán e o vasco pero exclúe ó galego Imprimir Correo-e
Escrito por Kiko das Leiras   
Xoves, 28 de Xuño do 2007

O estudo periódico sobre os niveis de competencia lingüística no ámbito da UE non inclúe o galego e sí outras linguas oficiáis. Francisco Rodríguez (BNG) cualifica esta situación de discriminatoria para a nosa lingua xa que “non hai nengunha razón obxectiva que xustifique esta exclusión".

O portavoz del BNG no Congreso dos Diputados, Francisco Rodríguez, vén de rexistrar unha iniciativa parlamentar na Cámara Baixa na que pede ao Goberno que se dirixa á Comisión Europea para reclamar a inclusión do galego no próximo Eurobarómetro sobre os niveis de competencia lingüística no ámbito da UE.

O deputado do BNG explica que no último Informe ademáis de reflexar as linguas oficiais da UE, “sí se recolle o gaélico irlandés e o luxemburgués, ademáis do catalán e o vasco. Pero a lingua galega fica excluída de tal documento”.

Neste sentido, o parlamentar nacionalista demanda que se corrixa esta situación discriminatoria para que o próximo Eurobarómetro plasme a situación do galego. “Resulta incomprensíbel a exclusión do galego do Eurobarómetro. Non hai nengunha razón obxectiva que xustifique esta decisión, atendendo a criterios como o número de habitantes ou a proporción dos mesmos no seu ámbito territorial. O galego ten dereito a existir e a ser recoñecido”.

“Ten previsto o Goberno adoptar medidas para correxir esta situación discriminatoria?”, inquire Rodríguez, quen tamén pede ao Executivo unha avaliación sobre este feito.


Fonte:

http://www.xornal.com/article.php3?sid=20070624204746

 
< Ant.   Seg. >

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Dolce Vita 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Solidariedade civil
Campaña:
Obxectivos dende...


Quérelo no teu web?

nemeth
Res Retica
O Recuncho
Xián Baby Web
Adiante (Mocidade Revolucionaria Galega)
Aldea de Coro
Ghastas Pista?
Verbas
A Ceibaría
O Reverso
Galego de seu
Remexer na lingua
xulinho.tk
toponímia galego-portuguesa e brasileira
Sindícanos


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com