Luns, 01 de Decembro do 2008
 
  Inicio  
Obxetivo. Dolce Vita (19.09.2008)

Dolce Vita é a marca dun Grupo de Centros Comerciais portugueses con presenza en toda Península Ibérica e pretende instalarse en breve na Coruña. Din que na súa filosofía está saber “ser locais” e “entender a cultura e necesidades da sociedade coa que conviven” mais esta filosofía parece excluír o idioma galego como vehículo de comunicación e comercio así como obviar a toponimia correcta do lugar onde se van asentar, neste caso A Coruña.

Pensamos que sería bo facerlles saber que como potenciais clientes nos gustaría desenvolvernos integramente na nosa lingua o que inclúe ver respectada a nosa toponimia. Que esta normalidade pasa por ser atendidos, poder consultar e comprar en galego, ao vivo, a través de catálogo ou no ciberespazo.

Fai que lles conste a túa suxestión enviando este prego.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña: Arquitectura Galega
Estado das traducións
Na Galería

Últimas Descargas
Paquete de idioma galego para o phpBB 3.0.3
!JoomlaComment 3.23
Paquete de idioma galego para o phpBB 3.0.2
Joomla! 1.5.2 Tradución ao galego do Panel de Control (administración)
Ó Chou:
Paquete de idioma galego para o phpBB 3.0.2
Resume das modificacións da norma do galego aprobadas pola RAG no 2003 [1 de 2]
Ligazóns ó Chou
Arredemo 
Comando Celta 
Vieiros 
Vocabulario da Real Academia Galega 
Lista de ligazóns
Engadir ligazón
Recoméndanos
O teu nome:

* O teu correo-e: 

* O correo-e do teu amigo: 

Mensaxe curta: 

Favoritos

Fainos a túa páxina de inicio (só Internet Explorer)
Quén está conectado?
Temos 1 convidado conectados
Inicio da sesión





Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes conta?
Crea unha aquí
Troco de Bandeiras

Adeus a "La coruña" Imprimir Correo-e
Escrito por Kiko das Leiras   
Luns, 02 de Xullo do 2007

O Concello da Coruña vai suprimir o topónimo en castelán en todos os seus papeis e impresos. O Concello fará do galego o seu idioma "por defecto" e garantirá a atención en castelán a quen queira expresarse nesa lingua. O Concello suprimirá o topónimo en castelán en todos os seus impresos, rótulos e automóbiles oficiais como paso fundamental no seu plan de normalización lingüística. O proceso para a erradicación da forma "La Coruña" nos documentos será "lento" pola gran cantidade de papeis e cartafois na que consta impreso este topónimo, e será veloz no resto de casos, segundo avanzou onte a edil de Normalización Lingüística, Ermidas Valencia.

"Imos ter coidado para que, a partir de agora, só empreguemos Concello da Coruña", explicou a concelleira nacionalista. Nin Concello da Coruña, declarado ilegal pola Xustiza, nin Concello da Coruña. Só Concello da Coruña.

O cambio non será radical. Antes, haberá que esgotar todos os folios, cartafois e sobres do Concello nos que aínda aparece a denominación da cidade en castelán. De feito, antes das eleccións, o anterior Goberno local licitou a adquisición de 30.000 etiquetas coa Coruña. Non usar toda esta documentación xa comprada, segundo admite Valencia, suporía deixar sen uso miles de euros do Concello.

No caso de rótulos e vehículos, o proceso será máis rápido. Nos automóbiles municipais, por exemplo, bastará con retirar os adhesivos encolados ás portas nas que aparece e substituílas por outras que unicamente terán impreso "Concello da Coruña", indicou a edil. A eliminación definitiva do topónimo en castelán na Administración municipal coruñesa forma parte do plan de normalización lingüística que se porá en marcha en aplicación do pacto de goberno entre PSOE e BNG. Ese plan suporá converter o galego no idioma "por defecto" do Concello en todos os seus ámbitos, como actos institucionais, comunicacións oficiais e relacións con cidadáns.

Non se tratará dunha imposición, segundo Valencia. A edil garante que o Concello defenderá o dereito de calquera persoa a ser atendida en castelán. "Daremos facilidades co castelán, cousa que ata agora non pasaba co galego", afirmou Ermidas Valencia con reproche incluído á xestión pasada de quen agora é o seu socio de goberno.

A concelleira mostrouse convencida de que ningún membro do Goberno local, incluídos os socialistas, porá reparos ao plan de normalización lingüística e a desistir do uso da Coruña.

 
< Ant.   Seg. >

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Dolce Vita 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Solidariedade civil
Campaña: Convivencia e igualdade
Obxectivos dende...


Quérelo no teu web?

nemeth
Res Retica
O Recuncho
Xián Baby Web
Adiante (Mocidade Revolucionaria Galega)
Aldea de Coro
Ghastas Pista?
Verbas
A Ceibaría
O Reverso
Galego de seu
Remexer na lingua
xulinho.tk
toponímia galego-portuguesa e brasileira
Sindícanos


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com