|
Se no litoral incólume de Corrubedo os veciños e veciñas tiveran construído casas e galpóns espallados ao longo da historia, hoxe non verían como a Xunta intenta expropiar todo un cabo para cederllo a unha empresa. A necesidade de grandes espazos libres para instalar industrias contaminantes como as fábricas de peixe fai que manter 7 quilómetros de costa totalmente libres de edificacións se castigue coa expropiación.
NON Á EXPROPIACIÓN DE TODO UN CABO!!! FÁBRICA DE PEIXES, FÓRA DE CORRUBEDO!!! XUNTA DE GALICIA, FÓRA DE CORRUBEDO!!! MANIFESTO DA PLATAFORMA MEDIOAMBIENTAL DE CORRUBEDOSOMOS MARIÑEIROS, E QUEREMOS PESCAR NO MAR (non en piscinas) Declaración da Plataforma Ambiental de Corrubedo no referente á localización dun Parque de Tecnoloxía Alimentaria na zona do Corgo (Teira-Parroquia de Corrubedo-Concello de Ribeira), que leva como nome no novo Plan de Acuicultura da Xunta de Galicia (Consellería de Pesca) o de PARQUE DE TECNOLOXÍA DE LAXE BRAVA, parque número 9. MANIFESTO COMPLETO EN: http://altermundo.org/portal/content/view/757/lang,gl_ES/ FOTOS. A XUNTA QUERE MATAR CORRUBEDO: http://altermundo.org/portal/content/view/758/lang,gl_ES/ O MANIFESTOSOMOS MARIÑEIROS, E QUEREMOS PESCAR NO MAR Hai hoxe un ano (xullo de 2006) a Xunta anunciaba que daba marcha atrás na intención de emprazar un Parque de Tecnoloxía Alimentaria de 325.000 metros cadrados no cabo Corrubedo, no lugar coñecido como Punta Corvos. A mobilización popular para salvar o único tramo de costa virxe do Concello de Ribeira, víase así recompensada. Ou non. A Xunta actual vén de presentar unha revisión do anterior plan –ao que agora chaman Plan Acuícola de Galicia– no que, efectivamente, eliminan a fábrica de peixes prevista para o cabo na Punta Corvos, PERO INCLÚEN UN NOVO PARQUE NA ZONA DO CORGO –OU LAXE BRAVA–, A 2 QUILÓMETROS DO ANTERIOS, DE 308.000 METROS CADRADOS, DE NOVO O MÁIS GRANDE DE GALIZA. POR QUE? POIS PORQUE AS FILLAS E FILLAS DO CABO MANTIVERON OS SEUS SETE QUILÓMETROS DE LITORAL INCÓLUMES DENDE TEMPOS INMEMORIAIS, DE XEITO QUE A XUNTA VE O LUGAR IDEAL PARA INSTALAR UNHA FÁBRICA DE PEIXES SE DERRUBAR CASA ALGUNHA. DESTE XEITO, A CONSERVACIÓN AMBIENTAL CASTÍGASE COA HUMILLACIÓN DUNHA EXPROPIACIÓN XIGANTESCA. É POR ISTO QUE MANIFESTAMOS:A Xunta de Galicia enganou á Plataforma Ambiental de Corrubedo e ao pobo enteiro ao facerlle crer que era sensíbel ás súas reivindicacións de preservar o seu litoral virxe. NON ELIMINARON A FÁBRICA DE PEIXES, TAN SÓ A DESPRAZARON UN PAR QUILÓMETROS. O cabo Corrubedo e mailo Corgo –ou Laxe Brava– forman a única parte do litoral do Concello de Ribeira no que non existe unha soa construción –excepto o faro. NO CANTO DE PREMIAR Á XENTE POLA CONSERVACIÓN SECULAR DA NATUREZA INCÓLUME CASTÍGASELLE COA SÚA DESTRUCIÓN. Todo o litoral está incluído no LIC do Complexo Húmido de Corrubedo (Natura 2000) polos seus hábitats de interese comunitaria. O Parque Acuícola previsto, linda con esta zona protexida e hipoteca a súa necesaria ampliación. Alguén faría chalets adosados arentes da Catedral de Santiago? O LIC de Corrubedo foi feito tendenciosamente polo anterior goberno do PP para facilitar o emprazamento destes parques. Abrangue dende Sálvora (Ribeira) ao castro de Baroña (Porto do Son), mais deixaron fóra parte do Cabo Corrubedo. A XUNTA ACTUAL ESCÚDASE NAS DECISIÓNS DO PP E AS DEFENDE. Os hábitats de interese comunitaria da Laxe Brava son eminentemente mariños, polo que os vertidos dunha instalación dese tipo e dese enorme tamaño contaminarán os areais lindeiros (Praias de Balieiros e As Barreiras, en Corrubedo; e praia de Espiñeirido e Seráns, en Porto do Son). A zona terrestre da Laxe Brava, coñecida como O Corgo, ten uns indubidábeis valores paisaxísticos, naturais e sociais. Trátase dunha zona de cantís onde se explotan sustentabelmente especies de alto valor, con excelentes exemplos de praias de croios costeiros e por onde pasan centos de aves mariñas migratorias. Asemade, existen grandes matos costeiros de sempre empregados polos habitantes da zona para o “batume” das cadras, varios carreiros senlleiros onde aínda se notan as pegadas dos carros nas laxes, formacións rocosas que, como a denominada Outeiro da Mina, teñen covas e cacholas de grande valor xeomorfolóxico produto da erosión polos ventos e a auga. O Corgo é a única zona de Corrubedo que conserva leiras traballadas, primordialmente polas xentes do lugar de Teira e mais de Espiñeirido, que aínda manteñen explotacións tradicionais de cereais, millo, produtos hortícolas e unha pequena cabana gandeira. A construción do Parque da Punta Laxe remataría de vez co único vestixio agrogandeiro tradicional que queda no cabo, e este débese protexer, e non condenar. Que di Medio Rural ao respecto? O Plan usurpa claramente unha chea de leiras de sempre traballadas e coidadas pola veciñanza co único interese de favorecer a unha empresa, e o informe da Xunta obvia totalmente esta circunstancia. A Plataforma Ambiental de Corrubedo pon tamén en dúbida a necesidade denominada “estratéxica” deste tipo de instalacións acuícolas. O orzamento da actuación é totalmente desproporcionado para o rendemento laboral que a experiencia nos di que teñen estas instalacións nos veciños e veciñas. En concreto 37.659.000 euros. A Plataforma pregúntase que se podería facer investindo eses cartos no desenvolvemento da zona a partir dos seus valores naturais (turismo rural e natural, cultivos ecolóxicos, etc.), e non industriais.
E ANUNCIAMOS:A nosa oposición a calquera tipo de Parque Acuícola ou outro tipo de industria no litoral virxe da costa de Corrubedo. Queremos un desenvolvemento sustentábel en consonancia cos valores naturais do senlleiro cabo. Reclamamos a ampliación inmediata do LIC do Complexo Húmido de Corrubedo (Natura 2000) a toda a zona do cabo homónimo e do Corgo ou Laxe Brava, para así preservalo virxe para as xeración vindeiras. A zona Natura 2000 no litoral da Laxe Brava é totalmente insuficiente, pois protexe unha franxa costeira moi estreita e sensíbel, de xeito que calquera actividade achegada lle pode afectar. A Plataforma Ambiental de Corrubedo emprenderá as accións que considere pertinentes para evitar a expropiación dun cabo enteiro ao pobo, lexítimo dono e coidador secular da súa terra. ESPÉRANOS UN NOVO VERÁN DE LOITA!! PLAN ACUÍCOLA, NON EN CORRUBEDO!! NON Á EXPROPIACIÓN DO CORGO E A LAXE BRAVA!! SOMOS UN POBO MARIÑEIRO, PESCAMOS NO MAR E NON EN PISCINAS!! SUSTENTABILIDADE PARA A NOSA COSTA!! AXÚDANOS A RECOLLER SINATURAS PARA SALVAR O LITORAL VIRXE DE CORRUBEDO Baixa o modelo en word ou pdf, imprímeo polas dúas caras, e recolle todas as sinaturas que poidas. A CAMPAÑA DURARÁ ATÉ O 15 DE AGOSTO. Unha vez cubertas as follas envíaas por favor ao seguinte enderezo: PLATAFORMA MEDIOAMBIENTAL DE CORRUBEDO Rúa das Delicias, número 1. 15969 CORRUBEDO-RIBEIRA-GALIZA
CONTACTO: corrubedo[@]altermundo.org PARA BAIXAR EN WORD A TABELA DE SINATURAS PARA BAIXA EN PDF A TABELA DE SINATURAS |