Luns, 01 de Decembro do 2008
 
  Inicio  
Obxetivo. Dolce Vita (19.09.2008)

Dolce Vita é a marca dun Grupo de Centros Comerciais portugueses con presenza en toda Península Ibérica e pretende instalarse en breve na Coruña. Din que na súa filosofía está saber “ser locais” e “entender a cultura e necesidades da sociedade coa que conviven” mais esta filosofía parece excluír o idioma galego como vehículo de comunicación e comercio así como obviar a toponimia correcta do lugar onde se van asentar, neste caso A Coruña.

Pensamos que sería bo facerlles saber que como potenciais clientes nos gustaría desenvolvernos integramente na nosa lingua o que inclúe ver respectada a nosa toponimia. Que esta normalidade pasa por ser atendidos, poder consultar e comprar en galego, ao vivo, a través de catálogo ou no ciberespazo.

Fai que lles conste a túa suxestión enviando este prego.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña:
Estado das traducións
Na Galería

Últimas Descargas
Paquete de idioma galego para o phpBB 3.0.3
!JoomlaComment 3.23
Paquete de idioma galego para o phpBB 3.0.2
Joomla! 1.5.2 Tradución ao galego do Panel de Control (administración)
Ó Chou:
Paquete de idioma galego para o phpBB 2.0.18
Marcador libro-toxo (tras)
Ligazóns ó Chou
Asociacion Arrincadeira 
Asociación de Estudos Filosóficos Doutor Castro 
Guláns,Luis Soto 
Siareir@s Galeg@s 
Lista de ligazóns
Engadir ligazón
Recoméndanos
O teu nome:

* O teu correo-e: 

* O correo-e do teu amigo: 

Mensaxe curta: 

Favoritos

Fainos a túa páxina de inicio (só Internet Explorer)
Quén está conectado?
Temos 1 convidado e 1 membro conectados
Inicio da sesión





Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes conta?
Crea unha aquí
Troco de Bandeiras

Xa podes asinar en galego a petición do NON ó formato de Microsoft Office como estándar ISO Imprimir Correo-e
Escrito por manuel meixide   
Xoves, 05 de Xullo do 2007

 Podes asinar en galego a solicitude aos membros do comité nacional de ISO que voten "NON" a ISO DIS 29500 (formato documental Office OpenXML, OOXML). Estas son algunhas razóns para facelo:

 

  1. Xa hai un estándar, ISO 26300, chamado Open Document Format (ODF): un dobre estándar suporá incerteza, confusión e un custo engadido para a industria, gobernos e cidadáns;
  2. Non hai ningunha implementación de referencia da especificación de OOXML: Microsoft Office 2007 produce unha versión especial de OOXML que non cumpre coa especificación de OOXML proposta en ISO;
  3. No documento de especificación falta información como, por exemplo, como implementar un "autoSpaceLikeWord95" ou un "useWord97LineBreakRules";
  4. Máis do 10% dos exemplos do seu especificación non validan a conformidade con XML;
  5. Non existe garantía algunha para que calquera poida implementar parcial ou totalmente a especificación de OOXML sen arriscarse a que Microsoft lle esixa danos e prexuízos por infracción de patentes ou o pago de licenzas de patentes;
  6. Esta proposta de estándar entra en conflito con outros estándares ISO, como ISO 8601 (representación de datas e tempos), ISO 639 (códigos de representación de nome e idiomas) ou ISO/IEC 10118-3 (funcións hash de criptografía);
  7. Hai un erro na especificación do ficheiro de formatos de folla de cálculo que impide introducir calquera data previa ao ano 1900. Isto é un erro que se arrastra desde as obsoletas versións de 16bits da aplicación MS-Office;
  8. Esta proposta de estándar non foi creada axuntando a experiencia e mellores prácticas de todas as partes interesadas ( produtores, distribuidores, consumidores, usuarios e reguladores), senón por Microsoft en solitario.

Para asinar, segue esta ligazón.

 
< Ant.   Seg. >

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Dolce Vita 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Solidariedade civil
Campaña: Foro Social Galego
Obxectivos dende...


Quérelo no teu web?

nemeth
Res Retica
O Recuncho
Xián Baby Web
Adiante (Mocidade Revolucionaria Galega)
Aldea de Coro
Ghastas Pista?
Verbas
A Ceibaría
O Reverso
Galego de seu
Remexer na lingua
xulinho.tk
toponímia galego-portuguesa e brasileira
Sindícanos


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com