Luns, 01 de Decembro do 2008
 
  Inicio  
Obxetivo. Dolce Vita (19.09.2008)

Dolce Vita é a marca dun Grupo de Centros Comerciais portugueses con presenza en toda Península Ibérica e pretende instalarse en breve na Coruña. Din que na súa filosofía está saber “ser locais” e “entender a cultura e necesidades da sociedade coa que conviven” mais esta filosofía parece excluír o idioma galego como vehículo de comunicación e comercio así como obviar a toponimia correcta do lugar onde se van asentar, neste caso A Coruña.

Pensamos que sería bo facerlles saber que como potenciais clientes nos gustaría desenvolvernos integramente na nosa lingua o que inclúe ver respectada a nosa toponimia. Que esta normalidade pasa por ser atendidos, poder consultar e comprar en galego, ao vivo, a través de catálogo ou no ciberespazo.

Fai que lles conste a túa suxestión enviando este prego.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña: Arquitectura Galega
Estado das traducións
Na Galería

Últimas Descargas
Paquete de idioma galego para o phpBB 3.0.3
!JoomlaComment 3.23
Paquete de idioma galego para o phpBB 3.0.2
Joomla! 1.5.2 Tradución ao galego do Panel de Control (administración)
Ó Chou:
Paquete de idioma galego para o phpBB 2.0.22
Actualización da versión 2.0.15+ á 2.0.18
Ligazóns ó Chou
De luns a venres 
Galiza Sosego (GzS) 
Ortogal 
anabam 
Lista de ligazóns
Engadir ligazón
Recoméndanos
O teu nome:

* O teu correo-e: 

* O correo-e do teu amigo: 

Mensaxe curta: 

Favoritos

Fainos a túa páxina de inicio (só Internet Explorer)
Quén está conectado?
Temos 1 convidado conectados
Inicio da sesión





Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes conta?
Crea unha aquí
Troco de Bandeiras

A ICANN ve con bos ollos os dominios lingüísticos [.gal] Imprimir Correo-e
Escrito por Kiko das Leiras   
Venres, 06 de Xullo do 2007

 O bo funcionamento do ".cat" aumenta as posiblidades de que se aproben dominios para as linguas, como é o caso do ".gal" para o galego. Uns 800 expertos de 90 países participaron no 29º Congreso da Corporación de Internet para os Nomes e Números Asignados (Icann) en Porto Rico, no que exploraron a posibilidade de crear novos dominios, proceso que a Icann mantén pechado dende hai varios anos.

Durante a reunión da Icann que rematou o venres discutiuse, entre outros temas, sobre os dominios linguísticos e culturais. Ese é o caso do ".gal" , a iniciativa que busca un identificador para a comunidade lingüística e cultural galega.

Pode haber unha convocatoria en 2008.

Unha representación de Puntogal participou na xuntanza, á espera de que a ICANN lance unha convocatoria. A ICANN non comunicou de forma oficial cando vai abrir a porta a propostas de novos dominios, pero baralla a posibilidade de facelo no verán de 2007.

O único dominio cultural autorizado é o ".cat" , que entrou en funcionamento en febreiro de 2006. nun ano o Puntcat logrou máis de 30.000 dominios e por iso ICANN considérao un bo exemplo, xa que tampouco creou conflitos de rexistros abusivos nin con marcas.

A Porto Rico acudiron representantes doutras inciativas, como o ".lat" que busca identificar recursos de interese específico para a comunidade latina. O responsábel de rexistros de nomes de dominios en Porto Rico, Óscar Moreno, director do NIC.PR (Network Information Center de Porto Rico) explica "non é tan doado" crear dominios como o ".lat", que deberían ser solicitados polos diferentes países, algo que non sucede cos lingüísticos como o Puntogal.

Unha ONG que controla os dominios

Desde 1998 a Icann encárgase de distribuír as direccións numéricas do protocolo de internet (IP) , que é o que identifica a cada computadora na rede, e de administrar o sistema de nomes de dominio tanto xenéricos (".com", ".org") como de códigos do estado (".pr", ".es") , entre outras funcións. Por exemplo, recentemente rexeitou a creación do ".xxx" para páxinas pornográficas.

Estas funcións foron delegadas polos Estados Unidos na ICANN, unha organización privada sen fins de lucro organizada en cinco rexións globais e que realiza tres reunións anuais en diferentes puntos do planeta.

Dominios con caracteres noutras linguas

Na reunión que se celebrou en San Xoán de Porto Rico avaliouse seguir introducindo caracteres específicos de idiomas diferentes do inglés, como sería o caso da letra "ñ" para o español. Razóns técnicas impedían ata hai pouco usalos, pero a ICANN traballa agora no rexistro de dominios en outros alfabetos, como o árabe.

Outro dos puntos interesantes do congreso, explicou Moreno, foi a creación de estratexias para evitar que se repita "o escándalo" do rexistrador de dominios "RegisterFly" , que non proveu o servizo prometido a miles de clientes.
 
http://www.puntogal.org/web/index.php?option=com_content&task=view&id=80&Itemid=38

 
< Ant.   Seg. >

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Dolce Vita 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Solidariedade civil
Campaña: Convivencia e igualdade
Obxectivos dende...


Quérelo no teu web?

nemeth
Res Retica
O Recuncho
Xián Baby Web
Adiante (Mocidade Revolucionaria Galega)
Aldea de Coro
Ghastas Pista?
Verbas
A Ceibaría
O Reverso
Galego de seu
Remexer na lingua
xulinho.tk
toponímia galego-portuguesa e brasileira
Sindícanos


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com