|
O semanario A Nosa Terra comeza unha nova xeira |
|
|
|
Escrito por apana
|
|
Sábado, 07 de Xullo do 2007 |
|
Coa Xunta Xeral de accionistas celebrada hoxe sábado, A Nosa Terra iniciou unha nova andaina. Para iso entraron no consello de administración o ex-socialista vigués e novo presidente Miguel Barros e o socialista do sector galeguista Ceferino Núñez. Respaldando economicamente o proxecto unha importante construtora galega. O expresidente da deputación de Ourense e do Parlamento galego Victorino Núñez tamén vai estar nesta nova andaina.
A creación dun novo diario en internet, e o pulo a novos proxectos mediáticos como a radio e televisión dixital e unha produtora para televisión serían os motivos desta reestruturación. Varios dos presentes amosaron a súa desconfianza a estas incorporacións temendo que este semanario nacionalista abandone os principios que defendeu desde a súa refundación tras a morte do ditador e se convirta en algo semellante ao partido galeguista de hoxe. Miguel Barros o novo presidente que se definiu como nacionalista asegurou que os novos medios van estar ao servizo do país. Segundo informaron membros do consello de administración saínte a propiedade do nome histórico do semanario non vai estar en perigo. O até agora presidente Alfonso Eiré asumirá o cargo de vicepresidente \ conselleiro delegado. |