Xoves, 20 de Novembro do 2008
 
  Inicio  
Obxetivo. Dolce Vita (19.09.2008)

Dolce Vita é a marca dun Grupo de Centros Comerciais portugueses con presenza en toda Península Ibérica e pretende instalarse en breve na Coruña. Din que na súa filosofía está saber “ser locais” e “entender a cultura e necesidades da sociedade coa que conviven” mais esta filosofía parece excluír o idioma galego como vehículo de comunicación e comercio así como obviar a toponimia correcta do lugar onde se van asentar, neste caso A Coruña.

Pensamos que sería bo facerlles saber que como potenciais clientes nos gustaría desenvolvernos integramente na nosa lingua o que inclúe ver respectada a nosa toponimia. Que esta normalidade pasa por ser atendidos, poder consultar e comprar en galego, ao vivo, a través de catálogo ou no ciberespazo.

Fai que lles conste a túa suxestión enviando este prego.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña: Arquitectura Galega
Estado das traducións
Na Galería

Últimas Descargas
Paquete de idioma galego para o phpBB 3.0.3
!JoomlaComment 3.23
Paquete de idioma galego para o phpBB 3.0.2
Joomla! 1.5.2 Tradución ao galego do Panel de Control (administración)
Ó Chou:
Cartace claro CiberIrmandade. Xuño 2006
Announces Suite 3.0.2
Ligazóns ó Chou
Altermundo.org 
Fotografias de Alberte Couto 
Movimento Defesa da Língua 
mundoceleste - Paxina non-oficial do Real Club Celta de Vigo 
Lista de ligazóns
Engadir ligazón
Recoméndanos
O teu nome:

* O teu correo-e: 

* O correo-e do teu amigo: 

Mensaxe curta: 

Favoritos

Fainos a túa páxina de inicio (só Internet Explorer)
Quén está conectado?
Temos 1 convidado conectados
Inicio da sesión





Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes conta?
Crea unha aquí
Troco de Bandeiras

Novo enxuizamento na Coruña a un cidadán por defender os seus dereitos lingüísticos Imprimir Correo-e
Escrito por minhoca   
Venres, 13 de Xullo do 2007

Image Eduardo Álvarez está acusado polo Xuíz-Decano da Coruña de “inxurias” logo de denunciar publicamente que un xulgado se negaba a notificarlle en galego unha sentenza e empregaba o topónimo da cidade deturpado no seu selo oficial. A Mesa convoca un acto público de apoio ao denunciado o próximo 18 de xullo ás 11.30 da mañá na entrada do edificio dos Xulgados coruñeses.

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2007.- O próximo 18 de xullo, ás 11. 45 horas, terá lugar no Xulgado de Instrución nº 4 da Coruña a vista do xuízo contra Eduardo Álvarez, socio da Mesa, Responsábel Comarcal da CIG-Ensino e membro do movemento de renovación pedagóxica AS-PG, logo de este ter sido denunciado por Antonio Fraga Mandián, Xuíz-Decano da Coruña, por “inxurias”.

Os feitos remóntanse a hai xa varios meses, cando Eduardo Álvarez dirixira un escrito ao Xuíz-Decano da Coruña tras ver como, logo dun procedemento por un asunto particular, o xulgado correspondente se negaba a lle notificar en galego, malia esta ter sido a lingua que o interesado empregara en todo o proceso e malia este ser un dereito recollido no artigo 7.2 da Lei 3/1983 de Normalización Lingüística. Álvarez facía constar no seu escrito, ademais, o uso do topónimo oficial da cidade deturpado no selo oficial do tribunal.

Porén, Fraga Mandián, na súa resposta, non só xustificou a negativa do xulgado a lle notificar ao interesado en lingua galega, como este solicitaba, senón que se refería ao indebido uso da denominación oficial da Coruña como un “simple erro ortográfico”. Perante isto, Eduardo Álvarez dirixiuse ao Consello Xeral do Poder Xudicial e viuse na obriga de denunciar publicamente a súa indefensión. Tal denuncia pública valeulle que Fraga Mandián o denunciase a el xudicialmente, acusándoo de “inxurias” por, segundo el, o ter chamado “mentirán” nos medios de comunicación.

A Mesa sinala esta situación como “unha nova mostra da fobia contra o galego e contra quen está disposto a o usar en todo e para todo que aínda parece profesar unha parte da xudicatura”; unha situación que, lembran desde a asociación, “non é a primeira que se produce nos últimos meses nos xulgados coruñeses” e que demostra “o carácter subalterno” que a lingua galega continúa a ter no ámbito da xustiza a pesar da teórica cooficialidade. É por isto que o colectivo cidadán convoca para o propio día 18 de xullo ás 11. 30 horas un acto de apoio a Eduardo Álvarez na entrada principal do edificio dos Xulgados da Coruña (Rúa Monforte).

 
< Ant.   Seg. >

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Dolce Vita 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Solidariedade civil
Campaña: Apoiamos a Isaac Diaz Pardo
Obxectivos dende...


Quérelo no teu web?

nemeth
Res Retica
O Recuncho
Xián Baby Web
Adiante (Mocidade Revolucionaria Galega)
Aldea de Coro
Ghastas Pista?
Verbas
A Ceibaría
O Reverso
Galego de seu
Remexer na lingua
xulinho.tk
toponímia galego-portuguesa e brasileira
Sindícanos


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com