|
Gardas civís galegos saen en defensa da lingua propia de Galiza |
|
|
|
Escrito por apana
|
|
Luns, 13 de Agosto do 2007 |
"Os gardas civís galegos, como o resto dos cidadáns, sentímonos orgullosos da nosa lingua. Forma parte da nosa cultura, da nosa historia. Por iso non entendemos que move a persoas que descoñecen a realidade galega a intentar dividir aos galegos, cun problema inexistente. É opinar sen coñecementos, é ignorancia, sementar odio onde non hai".
Así o explica a Unión de Gardas Civís de Galicia (UGC-Galicia) nun comunicado, enviado en resposta ás declaracións formuladas nos últimos días pola Unión Federal de Gardas Civís contra a proposta do BNG de que as denuncias poidan redactarse e presentarse en galego. "As posturas reaccionarias que vimos percibindo nestas persoas demostran que é moi necesaria a reeducación dalgúns Gardas Civís. Estes días volvemos ver un episodio de nostalxia preconstitucional intolerable. Ideas trasnoitadas. Será morriña dos tempos nos que nos perseguían aos galegofalantes? A Garda Civil debe extremar as precaucións para evitar que no seu seo ingresen persoas que non teñen acomodo na democracia", matiza. "UGC-Galicia recomenda a estas persoas que abandonen a súa belixerancia reaccionaria, as súas ideas fascistas contra o galego. Deben reconsiderar a súa postura, respectar a Constitución, entender o significado da fermosa palabra “tolerancia” e “respecto” polos demais. Opinen sobre Galicia e a súa lingua (a románica máis vella da península que falamos dende máis dun milenio) pero fágano con coñecementos previos. En Euskadi e en Cataluña talvez non haxa moitos bilingües. Aquí somos a inmensa maioría", din. Queda claro o nicho ecolóxico que ocupan xentes como os compoñentes de tangallegocomo... http://www.gznacion.com/web/notic.php?ide=3261 |