Luns, 01 de Decembro do 2008
 
  Inicio  
Obxetivo. Dolce Vita (19.09.2008)

Dolce Vita é a marca dun Grupo de Centros Comerciais portugueses con presenza en toda Península Ibérica e pretende instalarse en breve na Coruña. Din que na súa filosofía está saber “ser locais” e “entender a cultura e necesidades da sociedade coa que conviven” mais esta filosofía parece excluír o idioma galego como vehículo de comunicación e comercio así como obviar a toponimia correcta do lugar onde se van asentar, neste caso A Coruña.

Pensamos que sería bo facerlles saber que como potenciais clientes nos gustaría desenvolvernos integramente na nosa lingua o que inclúe ver respectada a nosa toponimia. Que esta normalidade pasa por ser atendidos, poder consultar e comprar en galego, ao vivo, a través de catálogo ou no ciberespazo.

Fai que lles conste a túa suxestión enviando este prego.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña: Dimensiona
Estado das traducións
Na Galería

Últimas Descargas
Paquete de idioma galego para o phpBB 3.0.3
!JoomlaComment 3.23
Paquete de idioma galego para o phpBB 3.0.2
Joomla! 1.5.2 Tradución ao galego do Panel de Control (administración)
Ó Chou:
Manifesto Dia das Letras 2006-FPG
Entrevista Codigo Cero. Xaneiro/Febreiro 2006
Ligazóns ó Chou
Mateproblemáticas 
O muiñeiro do tempo 
Siareir@s Galeg@s 
Xanela contra a ignorancia 
Lista de ligazóns
Engadir ligazón
Recoméndanos
O teu nome:

* O teu correo-e: 

* O correo-e do teu amigo: 

Mensaxe curta: 

Favoritos

Fainos a túa páxina de inicio (só Internet Explorer)
Quén está conectado?
Temos 1 membro conectados
Inicio da sesión





Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes conta?
Crea unha aquí
Troco de Bandeiras

O secretario comarcal da CIG-Ensino é condenado a pagar 200 euros de multa e 5.000 de indemnización Imprimir Correo-e
Escrito por Kiko das Leiras   
Luns, 13 de Agosto do 2007

 O secretario comarcal da CIG-Ensino recorre a sentenza, nas súas palabras "para defender a dignidade de todos os galegofalantes". Eduardo Álvarez, secretario comarcal da CIG-Ensino, foi condenado a pagar 200 euros de multa e 5.000 de indemnización ao xuíz-decano de A Coruña, Antonio Fraga Mandián, logo de que este o denunciase por unhas presuntas inxurias.

Eduardo Álvarez recorreu o fallo esta mesma mañá e solicita a súa absolución ou, subsidiariamente, a nulidade da sentenza coa conseguinte repetición da vista oral, ao térense conculcado gravemente dereitos fundamentais.

Eduardo Álvarez informou hoxe en roda de prensa que xa presentou esta mesma mañá o correspondente recurso de apelación perante a Audiencia Provincial: “A sentenza foi ditada á medida do denunciante. Eu xa estaba condenado de antemán”. O sindicalista, entre outras razóns, referíase as declaracións de Fraga Mandián en La Voz de Galicia o 29 de xullo, antes de que se emitise a sentenza deste caso, nas que o xuíz-decano aseguraba que se ía comprobar “cal é o custe de inxuriar a un xuíz”.

Eduardo Álvarez manifesta que “chegará até as últimas instancias xudiciais” para defender non só a súa dignidade, “senón a de todos os galegofalantes”. O sindicalista asegurou sentirse “cidadán de terceira ou cuarta categoría” e cuestionou a existencia dun verdadeiro estado de dereito.

Pilar García Negro, profesora titular do Departamento de Galego-Portugués da UDC, corredactora da Declaración Universal dos Dereitos Lingüísticos e experta en Dereito Sociolingúistico, cualificou de “aberrante” o proceso aberto contra Eduardo Álvarez. “En que modelo de xustiza o exercicio dun dereito se converte nun feito puníbel e perseguíbel”, manifestou hoxe García Negro na roda de prensa. A profesora denunciou “as prebendas propias do Antigo Réxime que mantén a casta xudicial” e “o esaxerado” da indemnización imposta a Eduardo Álvarez, “pois é unha medida radical que lle supón a Eduardo a privación do seu salario durante máis de dous meses e medio”. García Negro fixo un chamamento ao Fiscal Xefe do TSXG, á Xunta, ao Valedor do Pobo e ao Parlamento Galego a que emitan un pronunciamento acerca da conculcación dos dereitos lingüísticos dos galegofalantes no ámbito xudicial.

O sindicalista entende que foron conculcados gravemente dereitos fundamentais ao longo de todo o proceso e, nomeadamente, no decurso da vista oral, celebrada o pasado 18 de xullo. Por exemplo, a xuíza que presidiu a vista oral foi nomeada polo propio Fraga Mandián con posterioridade á data en que esta causa recaeu no Xulgado de Instrución número 4 de A Coruña, órgano xurisdiccional que leva o caso. “É evidente que se trata este dun caso de deber de abstención da señora xuíza pola súa relación de dependencia e de subordinación gobernativa co denunciante”, apunta Eduardo Álvarez.

Por outra banda, a xuíza negoulle a Eduardo Álvarez as probas testificais que propuxera ademais da posibilidade de interrogar a testemuña da acusación. A inadmisión de probas testificais propostas polo denunciado conculca flagrantemente o dereito constitucional proclamado no art. 24 da Carta Magna española, ao negarlle a “tutela xudicial efectiva” e mais a utilización “dos medios de proba pertinentes para a súa defensa”.

A negativa da xuíza a que Eduardo Álvarez, que exerceu a autodefensa, continuase a interrogar o denunciante, o xuíz-decano de A Coruña, e mais a negativa a que interrogase a testemuña proposta pola acusación contraveñen tamén dereitos constitucionais, o artigo 6.3d do Convenio Europeo para a Protección dos Dereitos Humanos e Liberdades Fundamentais e reiteradas sentenzas do Tribunal Constitucional.

Ademais, Antonio Fraga Mandián abandonou a sala no medio da vista oral e tamén se alterou a orde fixada publicamente para a celebración do xuízo. A celebración da vista pasou por diante de tres xuízos que o precedían no horario por necesidades de axenda do denunciante, o xuíz-decano de A Coruña. Na última parte da vista, conculcouse o dereito á última palabra do acusado ao tan só permitirlle a xuíza expresarse apenas dous minutos.

Nova orixinal en http://www.gznacion.com/web/notic.php?ide=3266

 
< Ant.   Seg. >

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Dolce Vita 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Solidariedade civil
Campaña: SOS Mourela
Obxectivos dende...


Quérelo no teu web?

nemeth
Res Retica
O Recuncho
Xián Baby Web
Adiante (Mocidade Revolucionaria Galega)
Aldea de Coro
Ghastas Pista?
Verbas
A Ceibaría
O Reverso
Galego de seu
Remexer na lingua
xulinho.tk
toponímia galego-portuguesa e brasileira
Sindícanos


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com