Luns, 01 de Decembro do 2008
 
  Inicio arrow Documentos, artigos arrow Modelos de Cartas de Prego arrow Lingua -- A unha empresa  
Obxetivo. Dolce Vita (19.09.2008)

Dolce Vita é a marca dun Grupo de Centros Comerciais portugueses con presenza en toda Península Ibérica e pretende instalarse en breve na Coruña. Din que na súa filosofía está saber “ser locais” e “entender a cultura e necesidades da sociedade coa que conviven” mais esta filosofía parece excluír o idioma galego como vehículo de comunicación e comercio así como obviar a toponimia correcta do lugar onde se van asentar, neste caso A Coruña.

Pensamos que sería bo facerlles saber que como potenciais clientes nos gustaría desenvolvernos integramente na nosa lingua o que inclúe ver respectada a nosa toponimia. Que esta normalidade pasa por ser atendidos, poder consultar e comprar en galego, ao vivo, a través de catálogo ou no ciberespazo.

Fai que lles conste a túa suxestión enviando este prego.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns

Lingua -- A unha empresa Imprimir Correo-e
Escrito por Medulio   
Domingo, 27 de Novembro do 2005

29/11/2000

Estimados/as señores/as,

Suxeriríalles que dotasen a súa web de versión galega, xa que é unha magoa que unha empresa galega non utilice a lingua propia da súa terra en ningunha das súas páxinas. Coido que esto sería beneficioso, tanto se o seu mercado é só o español e europeo como se tamén se estende por latinoamerica, xa que os galegos de todo o mundo (pois ben saberá vostede que alí onde vaia é raro non atope un paisano) agradecerán o xesto da súa empresa.

Aproveito para facerlle saber que me gustaría que o embalaxe figurase tamén en galego, aínda que recoñezo a dificultade da aplicación desta segunda suxestión.

Así mesmo, teña presente nas súas consideracións que á hora de escoller hai xente que, coma eu, ten en conta, a maiores da inigualable calidade dos seus productos, este tipo de detalles.

Quedando a súa disposición despídese de vostede, atentamente, xxxxxxxxx


25/5/2000

Estimado señor Director/Administrador de "xxxxxxxxxx":

    Para o seu coñecemento e efectos, e como potencial cliente desa entidade, desexo manifestar o meu descontento polo menoscabo que coa lingua propia deste país ten a entidade que vostede dirixe/administra.

    Desexo facerlle constar que me agradaría que toda a documentación e publicidade, incluindo as súas páxinas Web que veño de visitar, estivesen na miña lingua.

    Xa que logo, como potencial cliente, esixo un cambio completo de actitude, e que as suas páxinas Web se fagan na nosa lingua.

    Tamén lle informo de que esta cuestión terá moita importancia para min á hora de elixir ou cambiar de empresa nos tramos de servizos que prestan.

        Reciba un cordial saúdo.

Asdo.: xxxxxxxxxx


25/5/2000

    Veño de ver as suas páxinas e alegrome moito de que esté en Internet unha empresa galega. Só boto de menos unha cousa e é o non poder leelas en galego. Gostaríame moito que puxera a opción de galego para poder leelas tamén no noso idioma.

        Un saudo.

 
Seg. >



Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com