|
31/5/2000 Estimado señor Presidente da Deputación xxxxxxx/ Concello xxxxxxxx : Para o seu coñecemento e efectos, desexo manifestar o meu descontento polo menoscabo que coa lingua propia deste país ten a entidade que vostede preside. Desexo facerlle constar que me agradaría que toda a documentación e publicidade, incluindo as súas páxinas Web que veño de visitar, estivesen na miña lingua. Coido que non está de máis lembrarlle algúns artigos da Lei 3/1983 de Normalización Lingüística, lei que estase a incumprir por entidades como a que vostede preside: * Artº 4.1. O galego, como lingua propia de Galicia, é lingua oficial das institucións da Comunidade Autónoma, da súa Administración, da Administración Local e das Entidades Públicas dependentes da Comunidade Autónoma. * Artº 6.3. Os poderes públicos de Galicia promoverán o uso normal da lingua galega, oralmente e por escrito, nas súas relacións cos cidadáns. E tamén o disposto pola Lei 5/1988 do uso do galego como lingua oficial polas entidades locais. * Diposición transitoria 1ª: As entidades locais que non estean en condicións de incorporar de contado o galego como lingua normal nos actos escritos da Administración dispoñerán dun prazo de dous anos a partir da publicación desta Lei para adoptar acordo sobre a realización materal do disposto nela e darlle cumprimento. (dous anos de prazo dende 1988, e xa pasou máis dunha década). Xa que logo, perante do incumprimento do seu incumprimento da Lei, esixolle un cambio completo de actitude, e que as suas páxinas Web, conxuntamente coa totalidade dos seus escritos, publicidades, etc. se fagan na lingua propia deste pais. Asdo.: xxxxxxxxxx
|