Luns, 01 de Decembro do 2008
 
  Inicio  
Obxetivo. Dolce Vita (19.09.2008)

Dolce Vita é a marca dun Grupo de Centros Comerciais portugueses con presenza en toda Península Ibérica e pretende instalarse en breve na Coruña. Din que na súa filosofía está saber “ser locais” e “entender a cultura e necesidades da sociedade coa que conviven” mais esta filosofía parece excluír o idioma galego como vehículo de comunicación e comercio así como obviar a toponimia correcta do lugar onde se van asentar, neste caso A Coruña.

Pensamos que sería bo facerlles saber que como potenciais clientes nos gustaría desenvolvernos integramente na nosa lingua o que inclúe ver respectada a nosa toponimia. Que esta normalidade pasa por ser atendidos, poder consultar e comprar en galego, ao vivo, a través de catálogo ou no ciberespazo.

Fai que lles conste a túa suxestión enviando este prego.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña: Dimensiona
Estado das traducións
Na Galería

Últimas Descargas
Paquete de idioma galego para o phpBB 3.0.3
!JoomlaComment 3.23
Paquete de idioma galego para o phpBB 3.0.2
Joomla! 1.5.2 Tradución ao galego do Panel de Control (administración)
Ó Chou:
Idioma galego para o Remository_3.24
Entrevista Codigo Cero. Xaneiro/Febreiro 2006
Ligazóns ó Chou
FutbolGalego.net 
Galego21 
Mega xogos 
Terractiva 
Lista de ligazóns
Engadir ligazón
Recoméndanos
O teu nome:

* O teu correo-e: 

* O correo-e do teu amigo: 

Mensaxe curta: 

Favoritos

Fainos a túa páxina de inicio (só Internet Explorer)
Quén está conectado?
Temos 1 convidado conectados
Inicio da sesión





Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes conta?
Crea unha aquí
Troco de Bandeiras

O periódico galego "A Peneira" vetado polo alcalde popular de A Cañiza Imprimir Correo-e
Escrito por apana   
Sábado, 25 de Agosto do 2007

Vía Vieiros enterámonos que o periódico  galego A Peneira vén de ser vetado nas dependencias muncipais desta vila así como na Casa da Cultura e  a Biblioteca. "A pesares de que cada mes o xornal distribúe milleiros de xornais da edición do Condado en todos os espazos públicos e en establecementos privados da Cañiza, os lectores non o poderán atopar naqueles lugares nos que o alcalde supostamente prohibiu a lectura ordenando que se retire no momento en que o distribuidor os deixa."

A voceira nacionalista na Cañiza, Ana Cerviño, asegura que lle parece “un atentado á democracia que un alcalde tente prohibir que os veciños accedan a un determinado medio de comunicación. Penso que vivimos nun país libre no que os medios de comunicación deberían estar ao alcance de todos os veciños, tanto das parroquias como do centro urbano, e máis aínda no caso da Peneira, un xornal dunha traxectoria profesional longa e arraigada na comarca. Imaxínome que o feito de retirar o xornal A Peneira das estancias municipais débese a que non coincide coas ideoloxías políticas do señor alcalde. Esta suposta retirada de Peneiras dos edificios municipais paréceme lamentable porque, ante todo, débese respetar a liberdade de prensa”.

Pola súa parte o partido socialista da Cañiza amosa o seu malestar ante esta presunta decisión do alcalde cañicense de ordenar a retirada do xornal A Peneira nada máis chegar ás dependencias municipais.

            http://apeneiradocondado.wordpress.com/2007/07/18/o-alcalde-da-caniza-cesar-mera-veta-o-xornal-a-peneira/
 
< Ant.   Seg. >

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Dolce Vita 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Solidariedade civil
Campaña: Salvemos Monteferro
Obxectivos dende...


Quérelo no teu web?

nemeth
Res Retica
O Recuncho
Xián Baby Web
Adiante (Mocidade Revolucionaria Galega)
Aldea de Coro
Ghastas Pista?
Verbas
A Ceibaría
O Reverso
Galego de seu
Remexer na lingua
xulinho.tk
toponímia galego-portuguesa e brasileira
Sindícanos


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com