Luns, 01 de Decembro do 2008
 
  Inicio  
Obxetivo. Dolce Vita (19.09.2008)

Dolce Vita é a marca dun Grupo de Centros Comerciais portugueses con presenza en toda Península Ibérica e pretende instalarse en breve na Coruña. Din que na súa filosofía está saber “ser locais” e “entender a cultura e necesidades da sociedade coa que conviven” mais esta filosofía parece excluír o idioma galego como vehículo de comunicación e comercio así como obviar a toponimia correcta do lugar onde se van asentar, neste caso A Coruña.

Pensamos que sería bo facerlles saber que como potenciais clientes nos gustaría desenvolvernos integramente na nosa lingua o que inclúe ver respectada a nosa toponimia. Que esta normalidade pasa por ser atendidos, poder consultar e comprar en galego, ao vivo, a través de catálogo ou no ciberespazo.

Fai que lles conste a túa suxestión enviando este prego.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña: Arquitectura Galega
Estado das traducións
Na Galería

Últimas Descargas
Paquete de idioma galego para o phpBB 3.0.3
!JoomlaComment 3.23
Paquete de idioma galego para o phpBB 3.0.2
Joomla! 1.5.2 Tradución ao galego do Panel de Control (administración)
Ó Chou:
Joomla! 1.0.13. Frontend galego informal
Fireboard. Tradución galega para 1.0.4
Ligazóns ó Chou
Fotoblogo de Alberte Couto(versión dinámica e profesional) 
O Arbol, (Asoc. de veciños de Vilachán) 
Portal Galego da Língua 
Proxecto Estrume 
Lista de ligazóns
Engadir ligazón
Recoméndanos
O teu nome:

* O teu correo-e: 

* O correo-e do teu amigo: 

Mensaxe curta: 

Favoritos

Fainos a túa páxina de inicio (só Internet Explorer)
Quén está conectado?
Temos 1 convidado conectados
Inicio da sesión





Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes conta?
Crea unha aquí
Troco de Bandeiras

"O que non conseguiu Franco non o vai conseguir ninguén" Imprimir Correo-e
Escrito por apana   
Luns, 27 de Agosto do 2007
 Anxo Quintana critica a debilidade intelectual da esquerda española e asegura que ninguén prohibirá que se cante o himno galego nas escolas.O portavoz nacional do BNG fixo referencia á polémica en torno á aprendizaxe do himno galego, acusando aos socialistas de moverse no marco ideolóxico que lles marca o PP. "Preocúpanos esa actitude do Partido Socialista, porque tivemos que asistir a episodios esperpénticos como os vividos en torno ao himno galego. Para o Partido Popular, o himno galego é igual que un arroto."

Dixo o señor Feijoo, que aos nenos había que ensinarlles aos tres meses a arrotar: un desprezo absoluto polos galegos e as galegas. Pois o Partido Socialista considérase na obriga de seguir polo mesmo rego e sae dicindo que hai que prohibir cantar o himno galego nas escolas. Onde vamos a parar?, afirmou.  Quintana cualificou esta actitude de debilidade intelectual da esquerda española, disposta a moverse no marco que impón a dereita máis reaccionaria. Ademais, lembrou a primeira vez que escoitou o himno nacional galego durante a ditadura de Franco, e asegurou que o que non conseguiu Franco non o vai conseguir ninguén.

"É a nosa responsabilidade construír o futuro para os nenos e nenas deste país, e nós queremos nenos e nenas capaces de enfrontarse a este mundo globalizado, e polo tanto queremos que saiban todos os idiomas posíbeis e que estean preparados en novas tecnoloxías. Pero sabemos que polo que hai empezar é por non ter odio a si mesmos e ser orgullosos do que son", afirmou.

                                             http://www.bng-galiza.org 
 
< Ant.   Seg. >

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Dolce Vita 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Solidariedade civil
Campaña: PuntoGal
Obxectivos dende...


Quérelo no teu web?

nemeth
Res Retica
O Recuncho
Xián Baby Web
Adiante (Mocidade Revolucionaria Galega)
Aldea de Coro
Ghastas Pista?
Verbas
A Ceibaría
O Reverso
Galego de seu
Remexer na lingua
xulinho.tk
toponímia galego-portuguesa e brasileira
Sindícanos


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com