Luns, 01 de Decembro do 2008
 
  Inicio  
Obxetivo. Dolce Vita (19.09.2008)

Dolce Vita é a marca dun Grupo de Centros Comerciais portugueses con presenza en toda Península Ibérica e pretende instalarse en breve na Coruña. Din que na súa filosofía está saber “ser locais” e “entender a cultura e necesidades da sociedade coa que conviven” mais esta filosofía parece excluír o idioma galego como vehículo de comunicación e comercio así como obviar a toponimia correcta do lugar onde se van asentar, neste caso A Coruña.

Pensamos que sería bo facerlles saber que como potenciais clientes nos gustaría desenvolvernos integramente na nosa lingua o que inclúe ver respectada a nosa toponimia. Que esta normalidade pasa por ser atendidos, poder consultar e comprar en galego, ao vivo, a través de catálogo ou no ciberespazo.

Fai que lles conste a túa suxestión enviando este prego.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña: Arquitectura Galega
Estado das traducións
Na Galería

Últimas Descargas
Paquete de idioma galego para o phpBB 3.0.3
!JoomlaComment 3.23
Paquete de idioma galego para o phpBB 3.0.2
Joomla! 1.5.2 Tradución ao galego do Panel de Control (administración)
Ó Chou:
!JoomlaComment 3.23
Paquete de idioma galego para o phpBB 2.0.19
Ligazóns ó Chou
A MESA pola normalización lingüística 
Aula de informática de Bertamiráns 
FutbolGalego.net 
Guláns,Luis Soto 
Lista de ligazóns
Engadir ligazón
Recoméndanos
O teu nome:

* O teu correo-e: 

* O correo-e do teu amigo: 

Mensaxe curta: 

Favoritos

Fainos a túa páxina de inicio (só Internet Explorer)
Quén está conectado?
Temos 1 convidado conectados
Inicio da sesión





Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes conta?
Crea unha aquí
Troco de Bandeiras

A festa dos Axóuxeres nace para animar ás familias a falar en galego Imprimir Correo-e
Escrito por Medulio   
Domingo, 02 de Setembro do 2007

Música, maxia e xogos reunirán en espazos públicos de Santiago, Vigo e A Coruña a bebés, cativos e grandes.

(Xornal.com) "A Festa dos Axóuxeres é a festa para celebrar o galego como lingua da casa”. Así definiu a secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López, a nova iniciativa posta en marcha polo seu departamento para promover a transmisión familiar da lingua galega. Santiago, Vigo e A Coruña acollerán a semana que vén esta festa, que vai poñer nos escenarios a música recompilada no disco Cantos de Arrolar, co que se está agasallando a todas as mulleres embarazadas dentro da campaña Xeración E logo!.

Marisol López presentou hoxe en Santiago esta Festa dos Axóuxeres, nun acto no que estivo acompañada por boa parte dos artistas que van participar no evento. En distintos espazos públicos das tres cidades galegas, os asistentes terán un repertorio musical adaptado ao público tan especial ao que vai dirixido –bebés e cativos–, ademais dos enredos e divertimentos que virán da man de Miguel de Lira e da maxia e da ilusión do mago Romarís.

A Festa dos Axóuxeres celebrarase os días 4, 6 e 8 de setembro en Santiago, Vigo e A Coruña, respectivamente. En Compostela a cita será no Campus Sur, o martes 4, coa participación musical de Luar na Lubre e Espido. En Vigo, a cita será o xoves 6 na praza da Estrela, coa música de Mercedes Peón e de Xabier Díaz. Por último, na Coruña, bebés, papás e mamás están citados o sábado 8, nos xardíns de Méndez Núñez, con Xabier Díaz e Uxía. Todas estas citas serán ás sete da tarde, e a entrada será de balde.

♦ Continuidade no inverno

A secretaria xeral de Política Lingüística explicou que esta iniciativa vai ter continuidade nos meses de outono e inverno en vilas pequenas de Galicia, nun formato diferente, de proximidade, e en espazos pechados.

A actual programación destinada ás familias enmarcase nos obxectivos recollidos no Plan xeral de normalización da lingua galega, que pretende sensibilizar as familias sobre as vantaxes de que os seus fillos e fillas coñezan a lingua galega e sinala a conveniencia de que a adquiran de forma temperá como mellor garantía para que se instalen nela de xeito adecuado e poidan despois acceder a outros idiomas.
Marisol López concluíu destacando a vontade de converter esta Festa dos Axóuxeres nunha “referencia para avivar o alento dos pais, as nais, os avós, os irmáns, para que se relacionen en galego na familia”.
 
< Ant.   Seg. >

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Dolce Vita 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Solidariedade civil
Campaña: Apoiamos a Isaac Diaz Pardo
Obxectivos dende...


Quérelo no teu web?

nemeth
Res Retica
O Recuncho
Xián Baby Web
Adiante (Mocidade Revolucionaria Galega)
Aldea de Coro
Ghastas Pista?
Verbas
A Ceibaría
O Reverso
Galego de seu
Remexer na lingua
xulinho.tk
toponímia galego-portuguesa e brasileira
Sindícanos


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com