|
O tribunal supremo admite que o galego é un mérito na elección de destino na xudicatura |
|
|
|
Escrito por apana
|
|
Xoves, 06 de Setembro do 2007 |
[Gznación] O Tribunal Supremo deulle a razón á Asociación Xuíces para a Democracia no relativo ao recurso presentado por este colectivo contra a decisión do Poder Xudicial de excluír como mérito preferente o coñecemento da lingua oficial e o Dereito Civil especial ou foral propios dos distintos territorios do Estado nun concurso para a provisión de prazas de xuíces do Mercantil.
A lei Orgánica do Poder Xudicial -artigo 341.2- establece que ese coñecemento do idioma propio do territorio debe supór unha preferencia para o candidato que a acredite. Este suposto adoita aplicarse para os traslados, pero non nos concursos relativos ao mercantil e o contencioso administrativo. Malia iso, a Comisión Permanente do CGPJ excluíu expresamente eses méritos na convocatoria do concurso de xullo de 2004. O Supremo lembra que o lexislador quixo que o coñecemento do idioma propio dos territorios sexa un mérito en todos os supostos de provisión de destinos xudiciais, sen excepcións. |