Luns, 01 de Decembro do 2008
 
  Inicio arrow Documentos, artigos arrow Modelos de Cartas de Prego arrow Lingua -- A unha empresa con páxinas en galego, pero non a principal  
Obxetivo. Dolce Vita (19.09.2008)

Dolce Vita é a marca dun Grupo de Centros Comerciais portugueses con presenza en toda Península Ibérica e pretende instalarse en breve na Coruña. Din que na súa filosofía está saber “ser locais” e “entender a cultura e necesidades da sociedade coa que conviven” mais esta filosofía parece excluír o idioma galego como vehículo de comunicación e comercio así como obviar a toponimia correcta do lugar onde se van asentar, neste caso A Coruña.

Pensamos que sería bo facerlles saber que como potenciais clientes nos gustaría desenvolvernos integramente na nosa lingua o que inclúe ver respectada a nosa toponimia. Que esta normalidade pasa por ser atendidos, poder consultar e comprar en galego, ao vivo, a través de catálogo ou no ciberespazo.

Fai que lles conste a túa suxestión enviando este prego.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns

Lingua -- A unha empresa con páxinas en galego, pero non a principal Imprimir Correo-e
Escrito por Medulio   
Domingo, 27 de Novembro do 2005

25/5/2000

    Estimado señor Director/Administrador de "xxxxxxxxxx":

    Veño de visitar as páxinas web da súa empresa.

    Estou fachendoso de poder ler as suas páxinas na que é a miña lingua, a pesares de que a que é a páxina inicial estea en lingua allea.

    Respetandolle o seu dereito a facilitarlle os visitantes que podan trocar a opción da lingua, encheríame de ledicia poder comprobar algún día que a súa páxina principal estivera tamén en galego.

        Reciba un cordial saúdo.

 

 
< Ant.   Seg. >



Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com